O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 29, 2008

A AUTÉNTICA INUNDOU DE BILLARDAS O GALIZA-IRÁN, VENCEMOS TOD@S NÓS!!


300 baixas nas terras da irmá Palestina respostadas na Coruña co mesmo número de altas no tan agardado Aberto da Auténtica , rachando co cerco informativo que acurralou á nosa selección foron centos os militantes da ilusión que se apresentaron na praza de Nautica a escasos metros de Riazor, okupada pola LNB para reivindicar o noso espazo dentro do estadio no lugar dun sonámbulo gaiteiro que responde ó nome que Budiño que as autoridades deportivas conduciron xusto ó centro do campo de xogo no descando do partido.


Atentos ás espectaculares reportases de TELE-VARAL porque ahí poderedes ver e palpar a magnitude do realizado para que o nome de Ginés dos Remourelle Bulls poida , sen lugar a dúbidas, situarse ó lado de Nacho Novo e Verónica Boquete triunfadores absolutos en Riazor e Pasarón dos combinados irmandiños para os mass media que naturalmente olvidaron a facaña na final xa case sen luz dun espectacular Ginés que , pletórico despois de acadar o Galo, aliouse coa lúa no lusco e fusco da Coruña para sen apenas luz materializar un Varado despois de que o gran Rubén dos Lideiras combatendo a xeada camuflado baixo unha camisola dos Almiunha deixara a tan só uns palmos do Varal a Pincha despois do golpexo de saída.


Ginés inscribíu o seu nome con letras de uranio entre os máis grandes nunha fin de semana na que non puideron acabicornarnos e encabezará a lista da vindeira convocatroria para A Auténtica , especial mención á implicación e apoio do Novas da Galiza que foi quen deu os lotes para o 1º e 2º clasificado dun aberto histórico e que producíu o xa tamén histórico flyer que se destribuíu de xeito masivo á entrada do estadio de Riazor.



Non podemos esquencer tampouco a impresionate implicación de Siareiros Galegos que alí estiveron dándolle ó carabullo antes de tirar para preparar a gran manifa polo recoñecemento oficial das seleccións galegas que partíu do campo da leña e que rematou lamentablemente pola intromisión dunha policía armada ate os dentes e buscando a cada paso provocar ós manifestantes.

Iste sábado pola tarde podemos decir , venceu toda a tribu, venceu a filosofía de combate da LNB , non quedar cos brazos cruzados nunca!! , a Conferencia NorOeste elexíu a praza a alí estaban os aborixes á hora pactada para recibir ós palanadores e palandoras chegados dende o sur coa poderosa infraestructura competitiva e á xa mítica Guagua do Norleste capitaneada polo gran capitán Calvete que nos deu a tod@s unha lección do que é non rendirse nunca nen ter temor a nada.


Sen medo coma Calvete miramos cara diante coas baterias cargadas co impulso da razón e do sangue que nos ferve para afrontar os grandes retos dun ano que entra e no que vestidos con zocos radioacticos sementaremos co noso uranio billardeiro enriquecido as leiras de medio mundo. Da Galiza a Deutschland pasando por Asturies, Euskal Herria , Italia, Nederland, Catalunya , Slovenia...sen tregua A Auténtica continúa avanzando polas silvas e o asfalto con paso firme!!