O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 18, 2008

- NON PASA NADA PERO AÍNDA PODE PASAR, SINTE O EXTREMECEDOR RELATO!!

Espectacular revoltallo ,- non pasa nada pero aínda pode pasar, istas foron as verbas coas que os axentes de policía baixaron do coche a Santi , palanador da Asemblea Aberta antes de proceder ó rexistro do seu carro no que a parella atopou as xa famosas billardas acusándoo de posuír armas brancas. RADIO VARAL cazou as declaracións diste palandor no programa da Radio Galega O Tren do Serán e ponas á vosa disposición para que as descarguedes akí e sintedes a realidade diste acoso policial que acurrala ós membros da LNB. Instantáneamente foron ducias as mostras de apoio recibidas con chamados e mails máis nengún dos estamento oficiais depotivos galegos que ollan cara ó outro lado mentras no seu tellado se derrete a pataca quente, ademáis nista entrevista saíu a relocer a gran incógnita que xa está no ar, se nas estradas do país nos paran e nos acosan , qué pasará nos aeroportos cando a Auténtica colla rumbo a Deutschland e para iniciar o seu tan agardado European Red-Tour?


E se aguzades a orella porededes sentir as explosións dos roxóns na tixola dos xogadores de Tute e Chave de Ames que en solidaridade absoluta coa LNB iste sábado 22 pola mañán van por en marcha o 1º ABERTO DOS ROXÓNS en colaboración con ise referente absoluto da estornela na area de Compostela , O Mesón Marcos de Bertamiráns. Atentos á pantalla porque informaremos de todo , contactos para inscripción , lugar e horarios para o Aberto. Trunfa en bastos!!

2 Comments:

  • At 11:55 PM, Blogger Ortega said…

    Vaia dous preas estes dous da Irmandade San Caetano.
    Ánimo palanadores

     
  • At 9:33 AM, Blogger Galiza Nova said…

    Mais info:

    http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=1077

     

Postar um comentário

<< Home