O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 04, 2008

MULTAS E ACOSO POLICIAL CONTRA OS MEMBROS DA LNB, STOP AO APARTHEID !!

Simplemente incríbel acoso policial que os palandores e palandoras da LNB estamos a sufrir nos nosos corpos. Algo inaudito no deporte mundial dende o levantamento do apartheid na Sudáfrica. Qué pasa para que palandores de Marín sexan multadoscon máis de 300 euros por colgar cataces da LNB anunciadores da segunda xornada da SUPERLIGA DE BILLARDA e que ista semana pasada un palandor dos Asemblea Aberta en Ponteareas sexa rexistrado o seu coche por policías nacionais e sexa multado con pago de máis de 250 euros por levar billardas e palans no maleteiro ademáis de ser requisado todo o seu material deportivo polos corpos de represión do estado.


A LNB quere advertir a tódolos palanadores e palandoras de que sen dúbida veñen por nós, polo que anunciamos que estamos tramitando o apoio de deporte galego para selar uns carnets que nos acredite coma deportistas para amosar ante futuros rexistros policiais , ademáis de tentar conseguir o seu apoio no caso que as causas abertas continúen a diante. Hai quén quere frear con multas e represión policial o frenético ritmo da LNB como se puido ver baixo a treboada no barrio coruñés dos Mallos o pasado domingo antesala do Aberto-Magosto da Carballeira de Mos diste sábado 8 ó que agardamos cheguar todos os palandores sen termos que pasar por previos controis policiais. Hipocresía tamén stop!!

1 Comments:

  • At 9:45 AM, Blogger Galiza Nova said…

    Hoxe xulgan na Audiencia Nacional en Madrid a palanadora María Bagaría, que participou nos abertos de San Xoan de Río e no Festival da poesía por defendela terra.
    Solidaridade.

    http://galiza.indymedia.org/gz/2008/10/17273.shtml

     

Postar um comentário

<< Home