O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 14, 2008

A MELLOR DEFENSA , UN ATAQUE SIMULTANEO NOS FRONTES DE MARIN , VILALBA E LEDOIRA!!

No tsunami de comentarios producidos polo eco en Vieiros da represión policial ós palanadores e palanadoras da LNB aprendemos un explosivo xeito de autodefensa emanado dos irmáns portugueses chamado “jogo do pau” que utilizaremos sen dudalo coma arte de defensa ante a indifencia dos estamentos deportivos oficiais. Collemos os paláns e billardas e pómoslle a molida ós bois para comenzarmos a viaxe para dista find con actividade nos tres fontes abertos


A serpe multicor do Sur come sapos e lebres para para forte e poderosa tentar consolidarse cun novo record de asistencia a apartires das 16 h. no Colexio da Laxe de Marin e borrar depaso todas as pegadas das presenzas reais pasadas e futuras.

Iste domindo 16 : A guagua vermella do NorLeste sáe da estación da bus de Ribadeo ás 15 h. para dirixirse collendo nas paradas habituais ós deportistas da conferencia á terra cha lugues para no Pavillón Insua Bermúdez de Vilalba loitar contra as pantasmas do presente e do pasado. Atención porque nos facemos eco dun espectacular concurso fotográfico dos irmáns da asociación cultural OLLOMAO de Barreiros , pese a que o prazo rematou fai uns días se marcades as fotos referenciadas con LNB de seguro que poderá haber un oco para as vosas instantáneas , aquí as bases. Ademáis coa que está caendo nas pistas de xogo da LNB ir sen cámada de fotos é case un suicidio. E Podes escoitar a kí , capturado por RADIO-VARAL a explosiva cortina publicitada de Palanotrönic xunto coa intervención da LNB no progama deportivo da Ser-Vilalba.


E os Batuxos Atlanticos do NorOeste blindaron os seus maleteiros para evitar os controis policiais no seu desprazamento do Domingo 16 ás indomábeis terras de LEDOIRA , parroquia do concello coruñés de Frades e terra mae da brava franquicia dos Furabolos.Racha co Apartheid billardeiro e Akod ás pistas da LNB!!