O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 12, 2008

EXPLOSIVO TRAILER-BÉLICO CARA Ó 3º ASALTO DE MARIN...... E VILALBA!!


A serpe multicor da LNB aínda exhausta despois do explosivo aberto do Castañazo Rock de Chantada , de loitar contra a escuridade coas charamenas e as luces dos coches no espectacular Aberto-Magosto do pasado sábado en Mos e consolidarse o dominio Xaruto en pleno centro da Coruña, na pista da Sardiñeira no 3º asalto da Conferencia NorOeste do pasado sábado 2 de novembro , marca agora o turno das outras dúas conferencias que afrontar firmes o seu terceiro carabullo da escada da Superliga Galega de Billarda.

E coma gran preludio da treboada TELE-VARAL apresenta un explosivo trailer que non deixará indiferente a naide, pinchas, misiles e billardas para afundir os barcos do imperialismo que ten o punto de mira nas pistas da LNB. Marin na Conferencia Sur que son os que producen o explosivo trailer é a vila elexida para iste sábado , nunha que se prevé multitudinaria enganchada derribar toda a flota inimiga que se poña diante e Vilalba , en plena terra cha luguesa a vila elexida pola Conf. Norleste para o domingo afrontar seu terceiro desquite regular. Atentos a iste trailer de tres eixos cargado de pincas e billardas radioactivas!!