I TORNEO DOS ROXÓNS DE BILLARDA
AMES: ROXÓNS POLA OFICIALIDADE!!

sábado 22 ás 12 h / PISTA DE AMES
SELECCIÓN DE AMES
( MESON MARCOS)
Vs
ESTORNELA DREAM TEAM
( membros da asociación xogos tradicionais compostela)
contacto: 606.967863 / xaquín
POLA TARDE , AS 16 H, CAMPIONATO DE CHAVE DAS MISMAS SELECCIONS
Espectacular impulso cara a conquista da oficialidade do noso deporte da Billarda, debaixo de cada pedra unha billarda indomable e debaixo de cada plato de roxóns unha estórnela brava desafiando as leis da gravidade. Iso é o que vai acontacer ista sábado 22 apartires das 12 h no concello de Ames, nunha pista ó ar libre dous equipos formados por palandores e palandoras da área de Compostela van unirse á tribu LNB rillando roxóns e golpexando nas bilardas.
Se queres unirte á festa pásate iste sábado por Ames e apoia a oficialidade comendo uns Roxóns xa que os equipos están completos pero é o intre perfecto para coñecer á xente do
Mesón Marcos de Bertamiráns ,
mítico centro de conservación do noso deporte durante os anos escuros que agora entran de xeito pleno con iste espectacular
I Torneo do Roxóns de Billarda a formar parte da revolución LNB. E como os roxóns vanche dar forza, pola tarde a iso das 16 h no mesmo lugar
Torneo de Chave , perfecto adestramento para á noite sentirte xurásico e pasarte por xunto dos irmáns da
Asociación Xurásica do Castiñeiriño en Compostela D.C , cun cartel perfecto para rebaixar os roxóns suando con Pollegros e Zairus , istes últimos, militantes veganos e billardeiros que te transportarán co seu espetacular hardcore psicodélico cara ó sempre perigoso inferno interior de cada un.
A CANCEIRA EPISODIO-2
E se vos aburrides podedes botar uns risos voltando a sentir novos ladridos do federiquito de la costa niste seu novo episodio acusacións contra A AUTÉNTICA, semella que o seu ton de voz xa non é aquel amable que anunciaba na megafonía polas rúas de Ribadeo o play off de Conferencia, encántanos ver como dende isa emisora bucean niste pozo mouro dixital para buscar pegadas dactilares. SEMPRE COA ESTRELEIRA, ADIANTE A AUTÉNTICA!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home