
Librada a gran tempestade represiva , queremos felicitar a todos os membros da LNB por manter a firmeza e a dignidade fronte a todos os ataques sufridos dende os máis variados frontes,
nen un paso atrás nen para coller impulso, isa é o imprescindíbel lema que a LNB toma ó pé da letra. E Atención porque se o exercito de billardas indomábeis se afianza imparábel en cada aldea , parroquia, vila e cidade do noso territorio , a expansión internecional é o gran reto que xa está chamando á porta.
Tod@s coñecemos o impacto e a irmandade a proba de balas cos nosos irmáns de
Deutchland que están preparando o terreo para o asalto da Auténtica en terras teutonas e atención porque
Asturies consolida a pasos axigantados a súa proposta con , de seguro saborosas sorpresas a moi corto prazo, e se falamos de Asturies é imposíbel non falar do
Copo Cantábrico , atención a iste fronte porque en
Euskal Herria continúa a medrar de xeito axigantados
a febre da txirikila , das
montañas alavesas ós
frontóns de Pasaia a
txirikila a cobadazos pide paso para okupar tamén as rúa da fervente
Orereta. Preparade as motxilas porque algo moi grande se coce e se xa tiñamos novas que
Xenebra xa practica intensamente animada polo xa ídolo de masas
Paco Gallego, atención porque en
Ljubljana , na capital slovena a LNB xa mentén contacto cunha célula estábel que fixo posíbel os primeiros contactos cos irmáns da
Federación Slovena do Pandolo , denominación niste pequeno gran país valcánico do deporte da billarda. A LNB constúe as vías atrevesando silveiras e valados cara a un recoñecemento oficial e internacional de deporte da billarda.
ADIANTE COA REVOLUCIÓN BILLARDEIRA !!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home