O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 20, 2008

CONEXIÓN FURABOLOS , DENDE PONTECARREIRA GOLPEXOS CARA Á OFICIALIDADE!!



Nova e espectacular emisión de TELE-VARAL dende o NorOeste, conferencia ista que marca o ritmo da competición indo xa no 4º asalto realizado nas terras dos Furabolos , que con Xosé Antón á cabeza son os protagonistas dista trepidante conexión cun ateigado pavillón de Pontecarreira ( atención porque sabemos que hai franqucias da LNB interesadas na contratación de Manolo, unha das grandes estrelas dos Furabolos). Vestido para a ocasión Serxio , apresenta á franquicia aborixe e coma un Usain Bolt do audiovisual alternativo que é pasa o relevo de micro a un explosivo Jonny que mutado no mítico Asafa Powell remata a xogada dos últimos 100 metros de conexión cunha trepidante locución para quedar logo no magosto do carón da pista de xogo. KuKuRuKuKU Paloma ... e a loita continúa!!

ATENCIÓN , NOTAS IMPORTANTES:

-A LNB retira , por mor da confusión xerada, a campaña de recollida de fichas da Web , continuando coma ate agora, co censo de palandores e palandoras en competición para termos a final de tempada unha lista real dos deportistas que practicamos iste deporte, requisito esencial para a constitución da futura Federación Galega de Billarda.

Do mesmo xeito que animamos a todos os que se queiran seguir unindo á loita pola oficialidade a seguir póndose en contacto xa que cando se levante unha pedra en cada comarca, concello ou parroquia do país a LNB quere estar presente!!


-A Plataforma de Xestión da Auténtica (PxA) quere facer tamén un chamamanto á calma despois dos ataques recibidos dende a CADEA COPE en boca dos seus locutores da emisora Ribadense e do portavoz do PSOE no concello, Balvino Pérez Vacas, PODES SENTILOS LADRAR AKÍ!! , pola utilización de bandeiras supostamente non oficiais no cartaz do Galiza-Deutschland e no posterior partido . A PxA despois de falar coa concellalía de deportes da vila respalda plenamente a xestión dista na argumentación da defensa e amosa o seu total respaldo á xestión da mesma.

Queremos pensar que ista nova agresión á acción da LNB sexa a última guinda do pastel represivo e a partir de agora poidamos seguir desfutando ceibos de cadeas e torturas do noso deporte da billarda , é un feito que a acción da LNB fai regañar os dentes a moitos cans pero podemos estar tranquilos que xa se sabe , cans ladradores pouco mordedores........ polo que, agora máis ca nunca ADIANTE A AUTÉNTICA!!