O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 27, 2008

A CACHIZA RACHA O BOIKOTE Á LNB NAS ESCOLAS GALEGAS INVADINDO O CEIP ABELENDO DE MOAÑA!!

Mentras se apretan os puños para facer soar as ferriñas e acompañar co seu trepidante son o alento das bestas bravas no VI enconto de pandeiretas galego asturianas a celebrar ista find en Sabucedo A Estrada donde vai estar Xuaco , gaiteiro oficial da selección asturiana do Liriu e militante dos recén creados ESPOR[A] , que chega disposto a asumir o reto lanzado pola LNB para todo aquel que se atreva a trocar os pandeiros de Mao e os punteiros polos paláns de billarda para tranladar o pulso daquel mítico Trofeo MaCallan entre orgullosos gaiteiros galegos e asturianos das terras bretonas ó campo da festa de Sabucedo [ 645863915 / espordasturies@gmail.com ]

CACHIZAS NO CEIP ABELENDO DE MOAÑA: "Sobraron case todas as castañas, os nenos so querían xogar a cachiza..."

Mergúllate no espectacular crónico e no foto-varal da inmersión billardeira chegados directamento dende o CEIP ABELENDO DE MOAÑA que leva a sinatura do grande Xosé Miguel aborixe das terras do sur que da man do seu compañeiro , O Mestre Odilio amosan ós cativos de Moaña a gran riqueza da Cachisa que o imperialismo deportivo lle nefou ás xeracións anteriores . Ponte en contacto coas Conferencias da LNB e fai coma o Mestre Odilio que as CachiZas volten ás aulas, Billarda asignatura obrigatoria en todas as escolas da Galiza xa!!


A billarda volveu ser o centro de atención en Moaña, desta volta o CEIP Abelendo, da man do mestre Odilo, organizaron unha xornada de billarda no centro coincidindo co magosto. O poder da billarda, mais coñecida como Cachiza nas terras moañesas, parece no ter fin e ser un vieiro sen marcha atrás cara a oficialidade do deporte. Quen sabe se en "London 2012" haberá palanadores galegos dispostos a loitar para que a medalla de ouro veña pra Galiza. A billarda cada vez abrangue mais espazos da vida galega.


Sorprende o caso deste colexio moañés, que pra celebrar o seu magosto organizou unha xornada de xogos populares nas que coma non, non podía faltar a LNB que alí fixo a súa presencia. O avó dun dos rapaces estivo relatando historias da cachiza en Moaña, de como se xogaba, de curiosidades do xogo e de experiencias persoais xogando. Tras estos relatos, os rapaces abraiados tomaron contacto coas billardas para comezar a xogar. Pouco a pouco foron refinando a técnica. Aos poucos minutos de comezar a xogar tódolos rapaces sen excepción estaban cos paláns e as billardas facendo país. Os organizadores do xogo da chave non tiñan nada que facer, xa que os rapaces que foran a xogar a chave pronto abandoaron ese xogo pola billarda.


Chegou o final dos xogos é era tempo de castañas e os nenos seguían xogando a billarda. En palabras de Odilo : "Sobraron case todas as castañas, os nenos so querían xogar a cachiza, os chamabamos pra que viñeran comer as castañas e nada, non querían vir, so coa cachiza". Rematou a xornada coas felicitacións dos mestres do CEIP Abelendo a LNB e asegurando que a LNB tiñas sitio asegurado no Colexio para futuros anos.


Agora saltan as dúbidas, coa ilusión dos rapaces ven se poderían organizar equipos de billarda nos centros e facer ligas entre eles. Todo o mundo que escoita a proposta dice que é xenial, tanto mestres coma alumnos. Agora ben, por qué esto non acontece? que temerán as autoridades da Xunta pra boicotear a billarda? por que intentarán os gobernantes silenciar esta revolución? por que se gastan miles de millóns en outros deportes elitistas nos que so pode xogar parte da poboación e se negan a dar un céntimo para este deporte galego? Tantas preguntas sen resposta....