O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 19, 2008

GALIZA vs DEUTSCHLAND : CHEGOU O GRAN DÍA!!


.....e despois da expectacular intervención de Verena, xogadora da selección Alemá de Slack Flok e do seu seleccionador Aitor Rivas no Aberto Por Reformas da Radio Galega, xa só restan que falen os paus na pista do Gamallo Fierros. Foi unha semana de intensidade máxima que vai culminar nunha auténtica festa na que os protagonistas somos todos os membros dista serpe multicor chamada LNB , os que vistan as camisolas da Auténtica e os que estañan apoiando dende a pista , dende as súas casas ou dende o sitio que esteñan , a Auténtica representa a TODAS E TODOS QUE LOITAN DIARIAMENTE POLA CONSOLIDACIÓN DISTE NOSO PROXECTO NACIONAL BASEADO NOS FUNGUEIRAZOS .

Por iso pedimos a tod@s os asistentes ó partido o máximo respeito para os nosos irmáns da Selección Alemana de Billarda que sen a súa presencia o seu interese manifesto por apoiar e compatir a nosa loita se molestaron en adestrar para tratar de ser un máis que digno rival para a Auténtica. Antes e despois do partido xa podemos adiantar que non vai haber vencedores nen vencidos, venceu a constancia e a militancia na ilusión de tod@s canto compomos ista poderosa bola de lume chamada LNB.

Sabemos que en varias cidades de Alemania instalaron pantallas xigantes para ver o partido da súa selección de Slack Flok, por desgraza as institucións no noso país iso aínda non o entende polo que vos remitimos á transmisión en directo do VARALMORSE , que grazas á tecnoloxía de blogaliza podemos seguir saltando os muros do imperialismo mediático. QUE FALEN AGORA OS FUNGUEIRAZOS!!