O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 29, 2008

ARRINCOU O GRAN TREN DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA 2008-09!!

Espectacular arrinque da 4º edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA , tensión en tódolos frontes abertos , tanto na pista coma fóra dela. A LNB medra e faino arrasando con todo por diante, arrincaba o Sur exercendo de portentosa colomotora, as festas do Cristo en Mos era o marco perfencto para a primeira xornada de liga regular, 52 inscritos e 8 franquicias estables atizaban o lume do motor , Paquete Pinchas, Almuinha, Asembleia Aberta, Branco-Negro, Lideiras, Culombio, Faísca e Chimpa de Meda rifaban as pinchas para metelas no Varal, e una estrela voltou brilar, Chupi venceu na final a un debutante Aníbal e encabeza xa a xeral na Conferencia Sur, espectacular inicio e espectacular a tina de abrebamento a pé de pista coa que no Sur combaten a sede e acadan financiamento.


E ó día seguinte na mítica pista da Zapateira da Coruña xunguíase o enorme bagón da Conferencia NorOeste, Furabolos e Feniáns Galegos presentábanse como novas franquicias nista conferencia atlántica que impactou coa súa explosiva posta en marcha cun cartaz no que o golpe dun xaruto chamado Serxio busca o Varal situado nun repleto estadio de futbol, maravillosa premonición para dentro de pouco abrir en canal as portas de Riazor. Jano, Miguel e Serxio comandan a xeral mentras que os Xarutos en franquicias xa se sitúan en solitario en cabeza.


E con xantar de inicio de tempada incluído , o enorme bagón da Conferencia Norleste botaba andar na pista polideportiva de Remourelle, espectacular afluencia de público que ratifica o sensacional estado de forma da gran conferencia cantábrica. Os Outros e a Irmanadade San Caetano debutaban na conpetición dispostos a dar moita guerra niste sempre perigoso teatro de operacións plagado de estrelas . Cobadazos na cabeza de ambas series, Adri, Chema e Andrés comandan a serie A e David, Eric, Zidane e Teresa comandan na serie B.


Entra nos webs oficias das conferencia mentras sintes a espectacular txalaparta billardeira no 3º estalo do histórico internacional , con manteo ó seleccionador incluído!!