O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 29, 2007

ESPECIAL DOCUMENTAL: SEÑOR COMANDANTE ELA É PERIGOSA, REMOURELLE É A PERIGOSA!!


Pese a que xa pasaron uns días dende que o salvaxe furacán do interparroquial conmocionara o universo deportivo da Galiza máis extrema e extremista , iste mes de xullo serán os kioskes do país os que sucumban ante o tremendo vendaval da LNB por medio dun espectacular documento sobre o parroquial publicado nas páxinas dos irmáns de NOVAS da GALIZA. Pero para ir facendo boca TELE-VARAL destapa un outro espectacular documental centrado na figura da selección debutante, os Búfalos de Remourelle, cargados de ansia de triunfo e capitaneados e dirixidos polo Aldo Basile de Xoxe , é dicer por Gines iniciaron moi ben o seu desquite na competición , empurrando ó enviado especial de TELE-VARAL invadir de xeito impune o banquiño dos búfalos e ó berro de AKÍ ULE A PERICO!! entrevistar a un desconcertado traficante chamado Lois. Era o primeiro enfrontamento do SUPER-5 e Ginés pese a dirixir os seus peóns á perfección no desempate final á billarda máis longa fronte ó experimentado David dos arraianos , non puido definir e caeu producindo unha auténtica conmoción nos ruidosos siadeiros. Pero Remourelle gardaba para o seu enfrontamento da tarde un espectacular as na manga, Mariña, o mítico batería dos ALKARPA, trocaba as baquetas polos paláns para desafiar na pista de xogo á polir´tmica e mutante selección dos Paxaros Laranxas de Lourenzá. Despois daquel histórico documento filmado pola dúas e emitido no case clandestino e alieníxena programa intitulado como A REPICHOCA no que o gran Paco Mariña dende os mandos da súa PALA- Retro comentaba as súas fazañas coma batería de ALKARPA , TELE-VARAL capturou de novo , en exclusiva e cunha única pedra de xeo a ista auténtica lenda da música galega contemporánea. Mariña e Remourelle acadaron a culler de pau diste parroquial 2007 pero coma o neniño negro de ALKARPA prometen voltar para o ano e saldar contas... veu, veu veu........ polo río Miño.