O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 09, 2007

ViLARONTE : LOITA GALEGA POLO LACÓN da LNB !!


Toño, o palanador dos Cornería Team e Viluba da EkipA realizaron unha espectacular exhibición de loita galega coma acto central no paso de ecuador da SUPERLIGA de billarda, ista disciplina está a ser practicada xa por varios palanadores da LNB polo que a súa recuperación xunto co traballo de varios pioneiros en ximnasios Vigueses está en pleno proceso de despegue. E loita vai ser tamén a que a partires das 16 h. se vai a producir na pista central de Vilaronte no concello Foz. Contra o imperialismo nas artes marciais engánchate ó poder de SUPERLIGA de billarda que niste 8º asalto desputa nunha irrepetíbel enganchada corpo a corpo o seu IV TORNEO DO LACÓN.

2 Comments:

  • At 10:30 AM, Blogger paideleo said…

    Eu sabía do pulso galego que consiste en xuntar os pés dereitos pola parte de fóra dos dous contrincantes e agarrarse das mans dereitas e puxar e turrar ata que o contrincante perda o equilibrio ou separe o pé. Eu practicábao no colexio cando era pequeo.
    En que consiste a luita galega ?.

     
  • At 9:35 AM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    tes toda a información sobre loita galega no caderno da Nosa Terra adicado ós deportes tradicionais, billarda e a loita galega contra o imperioalismo deportivo!! engánchate e espella a idea, para calquera acción que queiras perpetar aquí estamos!!

     

Postar um comentário

<< Home