O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 16, 2007

A TESTOSTERONA DESFÍA OS RADARES!!

Fai ben pouco Maniche , o xogador portugués que milita no Atlético de Madrid, era detido pola GNR en Lisboa por exceso de velocidade dando tamén positivo no posterior control de alcoholemia. Fai uns meses nunha estrada calquera da Galiza un dos mellores palanadores da SUPERLIGA foi detido nun rutinario control de tráfico por exceso de velocidade polo tanto multado económicamente e co plus da retirada de puntos e do carnet durante tres meses. Dendo O Varal queremos deixar claro o noso pleno convencemento da inocencia de Calvete , iste palanador do Sporting-Petapouco está a realizar unha espectacular segunda volta da competición que racha moldes polo que cremos que de xeito endóxeno , é dicer , a propia segregación de testosterona do seu corpo, foi o que motivou iste exceso de presión de presión sobre o pedal do acelerador . Pese a todo, son xa varios os rumores que apuntan supostas connivencias entre franquicias e tráfico para tratar de parar na estrada o que non se pode parar na pista de xogo. Agora que a Xunta está pedindo as transferencias en materia de tráfico dende a LNB queremos esixir que ista transferencia contemple a inmunidade para palanadores e palanadoras para evitar episodios tan traumáticos coma os que está a viver iste auténtico atleta autóctono. Calvete únese así a Viluba na longa lista de palanadores perseguidos polos radares e polos corpos de represión escondidos nas cunetas , polo que abrimos unha porta para que todos os que se queiran solidarizar con ista auténtica figura do deporte da billarda o faigan ofrecéndose coma taxistas eventuais para transportalo ate ás pistas de xogo agora , próxima estación....... a pista de terra batida de Santo Adrao, no concello de Lourenzá!!

2 Comments:

  • At 5:48 PM, Blogger Toño Randeeira said…

    Solidaridade con Calvete

     
  • At 8:39 PM, Blogger Turzi said…

    Saúde e longa vida aos palanadores que, coma Calvete, xa sufrimos as sancións dos corpos policiais do estado.
    p.s.- Vémonos o domingo en Cerdedo para comerlle unhas vinchas e apoiar ao historiador Dionísio Pereira na súa/nosa loita contra o esquecemento.
    Se non, atoparémonos fronte a un bo cocido nestes días de Entroido.

     

Postar um comentário

<< Home