O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 27, 2006

U-LO LAVODRAMA?


Debú da selección galega de basket no pavillón de deportes de Lugo perante o Xapón, o varal bota chispas de emoción xa que ó día seguinte nas Travesas de Vigo a feminina de basket desputa o seu primeiro enfrontamento internacional contra a tamén selección nipona. Ogallá que o goberno galego e os deportistas de canastra apoien igual cando sexa a de billarda a que debute, en fin, que se temos que tragar a un Manel Sánchez como grande insignia do baloncesto diste país dende O Varal reivindicamos enerxicamente a figura do grande Anicet Lavodrama , o pivote galego-centroafricano que tantas tardes de gloria deu ó baloncesto galego mentras militaba no clesa ferrol está ausente de todo o engranaxe da selección galega , qué pena que a festa non poida ser completa , Galiza capital Bangui!!