BILLARDA-LNB, A GRAN POTENZIA!!
Por se había algunha dúbida ó respecto , o luns pola noite puidemos ver no programa que conduce Carlos Blanco como un dos máximos responsábeis do goberno español se enteiraba de que na Galiza mais que seguir o mundial de futbol o que o segue é a LNB (Liga Nacional de Billarda) , agora que a selección galega de billarda ten moi próxima a súa primeira data para o debú internacional en terras Astures é bo saber que as rumorosas e todo o pobo galego está coa expedición galega que vai cruzar a ponte dos Santos montada na Guagua para defender cos paus na man e a billarda no chan o orgullo galego tantas veces aldraxado e alpurrado polos sucesivos governos españois e galegos. Apoia a selección!!
2 Comments:
At 11:17 AM, David said…
Sorte en terras astures! ;)
At 8:58 PM, Turzi said…
Cando será o partido da Selección?
Gustaríanos estar presentes mais, se non for posíbel, dende Tübingen lembrarémonos de vós.
Apertas fondas,
p.d.- Xermán, non che perdoo que estiveras por aquí preto e non avisaras.
Postar um comentário
<< Home