O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 27, 2006

EXCLUSIVA DE TELE-VARAL!!

UN FURACÁN ARRASOU ISTA FIN DE SEMANA NA CORUÑA CON TRAPOS E CHAQUETAS NUNHA INTENSA DATA QUE VAI PASAR Á HISTÓRIA POLO DEBUT DA SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA NO CAMPUS DA ZAPTEIRA QUE NO MARCO DUN ESPECTACULAR ALL STARS LESTE OESTE A "AUTÉNTICA" AMOSOU CREDENCIAIS. TELE-VARAL ACUDÍU Á PRESENTACIÓN MUNDIAL DA SELECCIÓN E ATOPOUSE EN RIAZOR CON ALGO INESPERADO, EN RIGUROSA EXCLUSIVA TELE-VARAL FOI O PRIMEIRO MEDIO DO MUNDO QUE CAPTOU O NERVIOSISMO E O DESCONCERTO ANTES DA CHEGADA DE ATESTADOS E QUE A ZONA FORA ACORDOADA.IMPERDÍBEL!!!

3 Comments:

  • At 4:39 PM, Blogger mourullo said…

    Documento histórico! Sodes os mellores!

     
  • At 7:17 PM, Blogger David said…

    A mellor exclusiva da historia de Tele Varal!! Impresionante!!

     
  • At 8:34 PM, Blogger JOSINHO said…

    Aproveitando a mellor exclusiva da historia de Tele-Varal, imos a usar o medio oficial dos palanadores LNB para comunicar o seguinte.

    Despois dunha noite moi longa onde os recordos podían mais que o motivo que nos levou a reunirnos a toda a familia de Os Petapouco, decidiuse o seguinte. Os petapouco foi a primeira equipa da historia da competición da LNB, fumos os primeiros en facer que os xogadores sentiran unha cor representando a un equipo de billarda. Polas nosas filas pasaron grandes xogadores de billarda como foron, Xoan, Toño, Mónica, Teresa, Ana, Servando, David, Fram, Xose Manuel, Calvete, e o sempre impresionante Zidane. Todolos nosos xogadores sempre foron participes das mellores xogadas de algún dos moitos torneos disputados. noso é o xogador que marcou unha época como foi Zidane, e de seguro que volverá a marcala; nosos son os trofeos mais prestixiosos da LNB como é o Palán de Ouro; noso é o primeiro campión da Superliga de Billarda, David pasará a historia dos anais da billarda; e noso foi o primeiro título por equipos da primeira Superliga de billarda. Polo cal como este equipo creemos que xa marcou unha época DECIDIMOS:
    DAR POR FINALIZADA A EXISTENCIA DO EQUIPO "OS PETAPOUCO" NA COMPETICIÓN DE BILLARDA LNB, DISOLVENDO DEFINITIVAMENTE O EQUIPO PARA TODALAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS. Dámoslle as gracias a todolos equipos pertencentes a gran familia da A.C.D. O Varal e mais a LNB.

     

Postar um comentário

<< Home