O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 24, 2006

Catro grupos repletos de talento ían ser os transpolís dos que os palanadores e palanadoras ían ter que saltar para tratar de meterse nas roldas finais, coma sempre istes peimeiros trompos sempre carrexan sorpresas, a presión puido cun palanador ate o de agora rexo coma o ferro , Ginés, o ata entón lider e que incluso podería converterse no campión absoluto da SUPERLIGA de seguir nas súas marcas patinou no cemento pulido e bicou a lona roxa quedando apeado nas primeiras de cambio, a gran sorpçresa diste palán de ouro sen dúbida foi o golpe de efecto doutro rookie da LNB , Antón da EkipA SaFaRi procedente da magnífica escola de palanaodores e palanadoreas da Ponte da Pedra de Lourenzá e cun xogo desbordante coma a auga dos ríos nistas datas ,colouse nas semifinais e caeu ante un resucitado Xermán que voltaba despois dun letargo que o condeou a varios torneos á sombra.