O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, fevereiro 22, 2006

AS TABOAS DA *SUPERLIGA*

José Manuel dos Petapouco de Barreiros acada o Palán de ouro nunha final de infarto desputada a cuberto no pavillón de deportes de San Miguel de Reinante(Barreiros) fronte a un resucitado Xermán da EkipA SaFaRi. Os Petapuco proclámanse vencedores absolutos da taboa de franquicias e Ginés do Varal-Media perde o liderato a mans de David dos Petapouco mentras que un explosivo Fran da EkipA xunto co seu compañeiro de franquicia Toño entran na encarnizada loita na Supertaboa de Varados. Lourenzá vai ser un terremoto de paixóns no 8º e definitivo asalto dista espectacular *SUPERLIGA* 2005-06.