O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 11, 2006

Pese a que o frío viña feito os numerosos afeccionados que se deron cita no multiusos Trabadense non se moveron das súas localidades e quentaban o ambiente animando ós palanadores e palanadoras das súas franquicias preferidas, especial mencion ás bandeiras dos hooligans da EkipA SaFaRi que pese animar ate case a extenuación a Toño , o único representante da EkipA nas roldas finais iste caeu fronte a un espectacular Calvete dos Petapouco que pese a ir sempre por detrás no desenrolo da carreira nunca se deu por vencido e gañou por milímetros nun desempate a billarda máis longa non apto para cardiacos. Carmiña foi a outra sensación, a palanadora dos Varal-Media portaba amuletos nos seus petos que deberon de escorrentar todos os males ate case as portas do ceo xa que foi vencida en semifianis por Fran , o palanador de Recemil que se atopa coma troita no río cando a pista se inclina un chisco coma ocurría en Tradaba e como acontece en Vilamatín Pequeno donde xa acadou o triunfo na anterior etapa de torneos LNB.