ANGUSTIOSA ESPERA
Os nenos e nenas de toda a Galiza van pasar a noite do xoves case en vela pola chegada dos magos de oriente, mais os nenos e maiores do concello lugués de Trabada teñen un plus de angustiosa espera, o domingo 8 a partires das 15:30 na pista da feira no centro da vila, vai producirse unha espectacular cabalgata de palanadores e palanadoras que van chegar a Tradada cargados de paus e furia. Prevese unha asistencia masiva de público xa que os amigos da asocioación O Picato de Trabada xa fixeron un encargo de máis de 100 entradas para a deputa diste II Torneo de Inverno da *SUPERLIGA*. De tódolos xeitos a LNB xa ten preparadas gradas supletorias para acoller as ruidosas peñas das franquicias da competición e a tódolos espectadores que queiran compartir unha tarde que de seguro vai ser máxica.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home