O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 18, 2005

A tarde do domingo 16 de outubro mantívose despexada pese á continua ameaza de chuvia sobre os palanadores e palanadoras que ate o campo de festa de Santo Adrao se achegaron para o arrinque da agardadada por todos *SUPERLIGA* de billarda-LNB. O trofeo en xogo era unha espectacular escultura en madeira realizada por ise xeino dos paláns e das trinchas chamado Ismael, “O Zidane da Billarda”. Cunha inscripción pechada a organización da LNB realizou un rápido sorteo para xunguir os palanadores e palanadoras nos catro grupos nos que se dividía o inicio da competición.
Nin sequera a folga no sector do transporte foi capaz de impedir que ate a pista de Santo Adrao se carrexaran toneladas de emoción indescriptíveis para os alleos a iste universo de billardas polo ar, o brilo voltou á cara dos xogadores que despois do parón de verán voltaban acabicornarse á alta competición.