O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 20, 2005

A LNB NAS ANTÍPODAS

Inmersos na gran boráxine da liga de campións de futbol na que os medios de comunicación estándar volcan todas as súas miras é de agradecer que unha emisora amiga e irmán coma Emuga dé unha volta de folla e dirixa os seus micros cara a espectacular e anovadora *SUPERLIGA* de billarda-LNB. Recentemente puidemos ver nunha canle de t.v estatal unha pequena reportaxe sobre deportes tradicionais aztecas, sobrecolleunos ós palanadores e palanadoras que formamos a LNB a visión duns deportistas indíxenas xogando a unha especie de hockei sobre pés descalzos no que os sticks eran uns cueiros e a pelota era unha pequena bola ardendo , pero o máis estremecedor foi saber que cando un xogador acadaba un tanto automaticamente era decapitado entre o fervor dos afeccionados e do propio deportista. Hoxe ,xoves 20, en exclusiva mundial Belén Regueira e Tomás Lijó , emitindo dende as Antípodas nise xenial e imprescindible programa da rede de Emisoras Municipais Galegas vai entrevistar ó actual lider aínda non decapitado, da clasificación individual dista electrizante *SUPERLIGA* de billarda-LNB , a auténtica liga das estrelas!!