O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 17, 2005

A EkipA NO MÁIS ALTO

Debut histórico da nova franquicia LNB , a EkipA SaFaRi no seu estreno en competición oficial conseguiu colocar a un dos seus palanadores no máis alto do podium situado na pista de terra batida dos veciños de Santo Adrao.As ducias de afeccionados puideron presenciar baixo o despexado ceo de Santo Adrao unha final histórica niste inico de *SUPERLIGA*, a tensión e os nervios dos dous finalistas, Servando representando as cores vermellas dos PetaPouco de Barreiros, contra un Xermán Viluba que estrenaba os especaculares petos azuis da EkipA SaFaRi, transladaron os nervios da pista ate os banquiños e as bancadas donde cada golpexo dos palanadores finalistas era seguido con máxima atención por parte dun público enfervorizado , ó final , o xogo máis regular e intenso do palanador da EkipA SaFaRi impúxose ós espectaculares estalos de xogo maxistral de Servando. O Varal vai mostrar como queda a clasificación individual niste primeiro torneo valedeiro para a *SUPERLIGA* 2005-06 , pegádevos á pantalla porque o gran espectáculo da billarda-LNB non fixo máis que comezar!!

1 Comments:

  • At 1:16 PM, Blogger Turzi said…

    Parabéns, Xermán!!!
    Parabéns para toda a EkIpA SaFaRi!!!
    Sinto non estar con vós, mais, dun xeito ou outro, eu tamén collín o meu palán e mais a miña billarda para lembrarvos, pretiño...
    Se cadra, os Palán-Ganas se organizan mellor para a próxima...
    Síntoo moito.
    Se houbese un torneo entre o Nadal e Reis... se cadra podiamos ir...
    Saúde e Billarda!
    p.s.- Botádelle un ollo!
    http://album.ubbi.com.br/fotoalbum/bienvenido_album.asp?Id_album=142387&condicion=0&delivery=0&Id_delivery=gHpS7Hiz&PassInvitacion=g2cRgHgV7QtNg0eNgHaz70tX72kXgQerkcRr

     

Postar um comentário

<< Home