AS TRIPAS DA *SUPERLIGA*
Unha construcción a pé de pista vai lembrar durante a desputa do "III TORNEO APERTURA" e primeiro puntuable para a *SUPERLIGA* de billarda-LNB ás lavandeiras dista parroquia de Santo Adrao. Fai uns anos o antigo e mítico lavadeiro frente á igrexa foi derrubado por un incomprensible arrebato institucional , o domingo 16 de outubro cada golpe do palán contra a billarda vai ser un sentido homenaxe para todas as lavandeiras e lavandeiros de Santo Adrao e de toda a Galiza que durante tantos anos lavaron e fregaron as roupas dos suxeitos diste país, sen esquencer por suposto a función que istas construccións tiñan e aínda teñen en época de matanza na limpa e preparación das tripas dos cochos para os callos. Por desgraza os únicos callos que imos ter niste espectalucar inicio de *SUPERLIGA* son os das mans producidos pola tensión e a emoción da alta competición, non o dubides máis, colle o xabón do largato , o bincallo e o palán e achégate ate as augas salvaxes dos regos de Santo Adrao para tentar ser ti o elexido para limparlle as tripas ó primeiro trofeo da tempada 2005-06.
2 Comments:
At 3:58 PM,
David said…
E non viredes xogar ningún partido pola zona da Coruña? E que non creo que poida ir até a Mariña a ver os partidos...
At 4:54 PM,
outro deporte é posíbel!! said…
dimos un sitio por ahí e a LNB colle a Guagua para organizar un torneo , contamos contigo David, se ti non podes vir a LNB vai onda ti!! outro deporte é posíbel, só necesitamos unha pista de terra ou cemento de mínimo 20 x 40 e aló imos, saudos....
Postar um comentário
<< Home