20 DE LARGO X 40 DE LONGO
Case un ano de traballo intenso fixeron posible que O Varal se convertera no punto de encontro de palanadores galegos e do mundo que ven na filosofía da LNB un espello das súas inquedanzas socio-deportivas. Mos , Mondariz, Copacabana, Xil, Barreiros, Verona, Ribadeo, Berrande, Vilamartín –Pequeno, Cedeira , Santo Adrao....... son só un pequeño exemplo de puntos no mundo máis pequenos ou máis grandes conectados entre si por medio do Varal e a paixón por un deporte aínda sen ferrar nen federar,a billarda-LNB. O Varal emite en precario pero emite, con multitude de erros e fallos provocados pola paixón e pola urxencia de comunicar. J.Manuel Outeiro entrou no Varal e con toda a súa razón correxiu un erro provocado pola non emisión de Barrio Sésamo en galego, o Varal reivinca o seu dereito a equivocarse e rectificar, amigo J.Manuel, beizóns pola túa entrada no Varal e agardámoste o domingo 16 na pista de terra batida en Santo Adrao para compartir emoción e suores cos palanadores e palanadoras da LNB.
3 Comments:
At 9:42 PM,
J. Manuel Outeiro said…
Numha situaçom de conflito lingüístico como a nossa, a correcçom é labor de todos. Parabéns por exercerdes o vosso direito de rectificaçom e tomardes com bom humor a advertência do erro.
Talvez quando voltar pola Marinha, tenha ocasiom de participar na LNB...
At 8:30 AM,
outro deporte é posíbel!! said…
J.Manuel , a LNB gostaría saber dende donde emites xa que se ti non podes achegarte quizais a guagua poida acercarche o gran espectáculo da bilarda-LNB a donde ti vivas. un saudo dende os escombros de confusión.
At 8:25 PM,
J. Manuel Outeiro said…
emito desde algo longe, desde o centro da Meseta castelhana, mais concretamente o bairro de Carabanchel, mas confiando voltar logo à pátria.
Postar um comentário
<< Home