REFORZOS NO VARAL
A redacción do varal ó igual que as principias franquicias da LNB necesita reforzarse para afrontar con garantías o reto da cobertura informativa da espectacular SuperLiga 2005-06, Fram é a nova incorparación que vai asumir o reto de contar con pelos e sinais o acontecer dunha competición que se espalla entre a sociedade galega e mundial coma o lume na herba seca. Seleccionado por Ismael para a selección parroquial de San Cosme , Fram vai combinar a súa actividade coma palanador nos Petapouco coas funcións de producción en TELE-VARAL que xa viña asumindo dende a creación diste ente independente e agora ó unirse á redacción diste medio vai por a guinda á súa meteórica carreira coma comunicador , benvido Fram á redacción do Varal!!
1 Comments:
At 2:06 PM, Turzi said…
Parabéns para Fram!
Agardemos que O Varal dixital siga a transmitir todos os acontecementos da LNB. Dende a diáspora, é o mellor medio para estar ao tanto dos éxitos que vai colleitar o equipo dos Palán-Ganas, a franquicia do Sur da Galiza.
Saúde e Billarda!
Postar um comentário
<< Home