O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 22, 2005

LUME NOS BANQUIÑOS

Dende a LNB seguimos moi de preto as evolucións do ex-xogador do Compostela Nacho que ista tempada debutaba coma adestrador nos banquiños do país dirixindo ó equipo da súa vila natal. O Foz arrincou moi mal , cunha plantilla moi xoven e inexperta na rexional preferente Nacho tiña que facer fronte ós obxectivos marcados pola directiva para manterse na categoría, nun acto inesperado por todos nós , o lateral mariñán decidiu por terra por medio e deixar paso para que outro arranxe a desfeita despois do último 5-0 colleitado polos seus pupilos. Nacho que para o Varal era e é o candidato axeitado para dirixir á selección galega de futbol no seu próximo debut , dá un paso atrás no seu intento de abrirse camiño nise difícil e complicado camiño dos adestradores de futbol. De tódolos xeitos sabe Nacho que segue contando coa nosa admiración e que ten as portas abertas da LNB tanto para adestrar unha franquicia coma para coller o palán e botarse á pista. Outra selección é posible!!