O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 16, 2005


- Fuches o gañador do torneo de peche da tempada pasada, é verdade iso que din que cando un acada un título LNB é coma se tocara a ceo?
Exactamente. Fun moi feliz e quero brindar a miña vitoria a todos os afeccionados e afeccionadas que apostaban por min. Non sei se poderemos repetir estes éxitos, pois un segundo posto e un campionato en dous torneos consecutivos, sendo a nosa primeira tempada, é difícil de superar...

- Nese último torneo houbo polémica coas billardas utilizadas, a LNB xa avisou que nos seguintes campionatos vai ser tallante neste respecto para garantir a uniformidade nos materiais utilizados, como ves todo isto?
Paréceme estupendo que haxa unhas medidas regulamentarias. Nós sempre as cumprimos. Alén diso, dende os Palán-Ganas seguiremos apostando polas billardas e paláns feitos a man, con machada e navalla. Cumpriremos a normativa e daremos a talla, mais sempre buscaremos a orixinalidade. Agardemos que o material sexa revisado ao comezo dos torneos e que non haxa suspicacias por parte doutros equipos.

- Xa sabes pola nosa publicación que os Petapouco se reforzaron e que a EkIpA SaFaRi entra en competición con palanadores moi reputados entre as súas filas. Coméntalles a todos os afeccionados e afeccionadas dos Palán-Ganas como vos preparades para esta durísima e espectacular Super Liga de billarda LNB 2005-06?
Este ano será un ano de transición para os Palán-Ganas, pois temos moitas novidades na nosa formación. Non vai ser un ano sinxelo. Hai moitos debutantes e non temos moitos medios para os desprazamentos, mais tentaremos cumprir. A última nova, que comento en exclusiva para todos os afeccionados do Varal, é que vou probar sorte no estranxeiro. Hai varias franquicias alemás que andan tras os meus pasos. Aínda que non abandonarei a formación dos Palán-Ganas, é probábel que non poida desputar moitos encontros nesta tempada. Apoiareivos dende Tübingen, onde vou impartir unhas leccións teóricas e prácticas sobre a billarda e, quen sabe, se cadra organizamos o primeiro torneo internacional con equipos galegos e alemáns.

 Posted by Picasa