O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 05, 2005

AFIANDO AS BILLARDAS

Simplemente impresionante!! A SuperLiga de billarda-LNB está causando furor entre os palanadores e palanadoras da LNB que acolleron cos brazos abertos e en alto ista gran idea que o colectivo que forma O Varal disparou para dotar de maior competividade e intensidade os distintos torneos que ó longo da tempada regular a asociación deportivo e cultural organiza por todo o teritorio galego.
Paláns de 60 cm e billardas de entre 18 e 25 cm e cun grosor ambos de 2,5 a 3 cm son os elementos regulamentarios cos que se vai competir nista espectacular liga nacional de billarda, calquer palanadaor ou palanadora que incumpra ista normativa será automáticamente eliminado do torneo no que se presente con material deportivo non homologado pola LNB. Cando á redacción do Varal cheguen os sistemas de puntuación en cada campionato e a data do primeiro gran Torneo válido para a SuperLiga 05-06 porémolo a disposición de todos vós, sabemos que se está a traballar moi duramente dende a LNB para que todo sexa o máis axiña posible!! Atentos á pantalla porque o gran espectáculo da billarda-LNB está a punto de dar comezo!!

1 Comments:

  • At 3:15 AM, Blogger Turzi said…

    Saúdos para todas e todos os lectores do Varal.
    A LNB está en marcha... Preparádevos! Os Palán-Ganas están a adestrar. En plena pretemporada, hai quen tamén se dedica a ter o material disposto. É ben sabido que algún xogador dos Palán-Ganas foi posto en dúbida hai uns meses polo seu material de xogo. Para evitar problemas, están a refacer os paláns e as billardas da franquicia dos Palán-Ganas. Se clicades aquí poderedes ver como preparan os Palán-Ganas o seu material -completamente regulamentario-. Feito a man, con machada e navalla, cos consellos do mestre artesán Anacleto Álvarez, gran campión de billarda hai algúns anos.
    Por certo, aínda admitimos xogadoras ou xogadores no noso equipo.
    Queres estar na elite da billarda?
    Gustaríache poder optar a algún título?
    Es máis feliz percorrendo Galiza para xogar á billarda ca estudando física?
    Entón... os Palán-Ganas é o teu sitio.

     

Postar um comentário

<< Home