O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 05, 2005

O COCIÑEIRO DO VARAL


A fin de festa en Celeiro de Mariñaos como non podía ser doutro xeito tivo un convidado moi especial , coñecido coma o Amstrong imposible polos seus continuos desprazamentos en bicicleta , iste ciclista das marxes non utilizou o palán pero non dubidou un instante en coller os mandos da grella e convertirse así no xa oficialmente nomeado "Cociñeiro do Varal". Aproveitando a súa estancia coma inquilino temporal do palco de Celeiro, Amstrong uniuse e participou da gran festa do torneo de seleccións parroquiais Santa Cristina 2005.

2 Comments:

  • At 10:53 AM, Blogger frenchchou said…

    Estou abraiado e moi contento de que por fin alguén lle dea á billarda a importancia que merece... unha liga! Eu son practicante de pincha (que así lle chamamos aquí) no sur de Galicia, concello de Mos. Habería que facer algún día un supertorneo galaico...

    Adiante!

     
  • At 5:55 PM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    como vai palanadores do sul?
    o torneo de Lourenzá do 27 foi unha idea que saltou ó varal pero que de momento non está confirmada , poñédevos en contacto con nós para poder artellar unha achega da LNB ate terras do Sul ,xa existe unha franquicia afincada en Vivo chamada os palan-ganas mais equipas mais emoción na auténtica liga das estrelas!!ovaral@hotmail.com

     

Postar um comentário

<< Home