O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 04, 2005

CRÓNICO "II BILLARDA DE VERÁN" 3-7-05

Ipresionante o aspecto da pista central do San Bartolo en San Cosme de Barreiros que recibiu nunha tarde moi agradable para a práctica da Billarda ós grandes do deporte LNB. A masiva afluencia de palandores e palanadoras fixo que os catro grupos se compuxeran de 6 xogadores , polo que a Billarda de Verán tivo como posibles titulares 24 aspirantes que ollaban de esguello para o trofeo situado a pé de pista.
A eliminatoria nos grupos troixo a desilusión ás filas dos petapouco de Barreiros que vían como a súa máxima figura , Ismael “O zidane da Billarda” non atopaba a inspiración doutras tardes gloriosas, continuos fallos desesperaban a iste gran palanador que non puido resistir a presión que a alta competición imprime ós deportistas de élite.
Xoan da franquicia de cabarcas tamén se desfondaba e quedou forra de loita polo título que despois das eliminatorias de cuartos deixou un espectacular cadro de palanadores que ían loitar sen tregua por acadar a billarda de Verán. Xermán dos fungueiros de Lourenzá tentaba amarrar de novo o título que acadara na edición do 2004 pero un inspiradísimo Aitor da franquicia viguesas dos Palan-Ganas non deu lle opcións e entre os raios de sol da pista central de San Cosme colouse na gran final, David enfrontábase a un recuperado Vicente , O Beckham da ponte da pedra competía cunha pecular billarda que foi o murmuio dos parcipantes pola súa posible ilegalidade, mais Vicente caeu ante o poderío do golpexo de David dos Petapouco. Repetíase final de Celeiro de Mariñaos, Aitor, o palanador Vigués utilizaba unha billarda que xa ven utilizando dende o seu debut na LNB pero a polémica iniciada polo material utilizado por Vicente de Lourenzá semellaba que podía afectar a iste gran palanador do sur da Galiza. Alleos a todo isto , a final iniciose con concentración máxima por parte dos dous competidores, Aitor nunha moi inspirada tarde logrou acadar o seu primeiro trofeo LNB levando para Vigo a billarda de Verán.
Comunicamos que á redacción do Varal xa chegaron apelacións ó resultado final diste polémico torneo de San Cosme de Barreiros pola utilización de billardas non homologadas polo regulamento da LNB. Atentos á pantalla porque a polémica está servida.