O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 07, 2005

AUGAS TURBAS

“ Ismael Cabana Rivas foi obrigado a cambiar de billarda no torneo de inverno celebrado en Cabarcos por diferencias técnicas da billarda en comparación coa billarda oficial da LNB e notificando que non existe ningún impedimento en participar con outros modelos de billarda en torneos que non esteñan baixo a LNB, pero nunca se permitirá usar billardas coma a de Vicente de Lourenzá e a de Aitor de Vigo por non estar recollidas no regulamento oficial e sabendo que ambos xogadores son conscientes do mesmo e ademáis en cada torneo encóntranse as regras a disposición dos participantes” . Son as verbas literais recollidas da extensa carta remitida por David e Ismael ambos palanadores dos Petapouco de Barreiros que ó final da mesma mandan unha copia do regulamento LNB no que se marca claramente que” a medida oficial da Billarda LNB ten que estar entre os 25 e 18 cm. de longo por un groso de entre 2,5 e 3 cm. de diámetro” De tódolos xeitos é ben curioso que sexa agora cando os petapouco se indignen, Aitor xogou a final de Celeiro coa mesma billarda e palán e nadie dixo nada, nun torneo do 2003 Carlos, palanador de Lourenzá utilizou un palán de gancho ó estilo portugués e nadie dixo nada, ahí a LNB foi flexible,igual foi porque no primeiro caso David gañou o palán de primavera e despois Ismael gañara o seu primeiro palán de ouro , puido ser que a ledicia dises intres cegara os avispados ollos do domingo día 3 en San Cosme de Barreiros. Dende a redacción do varal pedimos cordura .

2 Comments:

  • At 6:38 PM, Blogger Turzi said…

    CARTA ABERTA A TODOS OS MEMBROS DO VARAL:
    Diríxome a todas/os vós tras as protestas aparecidas neste medio polas SUPOSTAS irregulariedades cometidas no Torneo da billarda de primavera que se celebrou en San Cosme de Barreiros este pasado domingo.
    Antes de máis, quixera felicitar a todos os rivais que nos enfrontamos na pista o pasado domingo. Creo que foi un torneo moi desputado e cheo de emoción. Cada vez o deporte da billarda move máis xente.
    En segundo lugar, paréceme xusto recoñecer a tarefa de quen organizan os campionatos, quen arbitran e anotan nas carreiras e quen moven este espectáculo por todo o país (e posibelmente tamén no estranxeiro).
    En terceiro lugar, a billarda coa que xoguei este domingo ten as seguintes medidas: 19,5 cm de largo por 2,5 cm de diámetro (se ben é certo que a madeira non é uniforme -a miña billarda foi feita a man polo artesán Arximiro Rivas de Sober- e moitos membros da LNB deben saber máis ca min destes temas) e incha e mingua cos cambios de temperatura.
    Finalmente quero declarar aquí que a billarda que empreguei este domingo (coa que xoguei en todos os torneos) é coa que levo xogando dende os catorce anos aínda que nunca tiven ningún tipo de problema en probar a xogar con outros materiais. De feito, cando comecei a participar na LNB, varias persoas louvaron a orixinalidade e tradición da miña billarda (sen presentar NUNCA nada en contra para que participase con ela).
    Non entendo, xa que logo, que agora non sexa válida e propoño que antes de cada torneo haxa unha verificación dos materiais empregados por cada participante.
    Quero aclarar que non teño problema ningún en que a miña billarda sexa investigada a raíz das protestas dalgúns palanadores rivais. Póñoa dende este momento a disposición dunha comisión investigadora que vele polo correcto desenvolvemento da composición.
    Sinto que estes incidentes poidan manchar o nome deste deporte que amamos e estou disposto a renunciar ao título e devolver o trofeo se o meu material de xogo é declarado ilegal polos altos estamentos da LNB.
    Apertas fondas dende o sur desta terriña nosa,
    AITOR RIVAS (palanador cuestionado)

     
  • At 9:02 PM, Blogger JOSINHO said…

    GOSTARIAMOS COMENTAR QUE XA ENVIAMOS UNHA CONTESTACIÓN A ESTA CARTA QUE NOS MANDA O PALANADOR AITOR, ONDE BÁSICAMENTE EXPLICAMOS QUE DEIXAMOS ANULADO O NOSO RECURSO PRESENTADO ANTE A ORGANIZACIÓN DA LNB QUE NON É OUTRA QUE A.C.D. O VARAL. QUEREMOS DEIXAR CLARO TAMEN QUE EN NINGÚN MOMENTO FUMOS EN CONTRA DA PERSOA DE XERMAN COMO MAL SE PUIDO ENTENDER, SENON QUE CONTRA A ACIÓN POR PARTE DE TODOLOS MEMBROS DA ORGANIZACIÓN EN PERMITIR O USO DAS BILLARDAS ILEGAIS E NON RECOÑECIDAS NAS REGRAS DA LNB. CREEMOS QUE O NOSO RECURSO TEN UN ESPECIAL SIGNIFICADO PORQUE HAI QUE LEMBRAR QUE MOITOS MEMBROS DO NOSO EQUIPO PERTENCEN A ESTA ORGANIZACIÓN, ASIQUE ATACÁMONOS A NOS MESMO E CULPÁMONOS A NOS MESMOS. ESTAMOS DE ACORDO CO PALANADOR AITOR EN TRATAR DE FACER UN SISTEMA ONDE SE COMPROBARÁN TODALAS BILLARDAS ANTES DO COMENZO DOS ENCONTROS E ASÍ NAIDE PODERÁ XOGAR CUNHA BILLARDA FORA DA NORMATIVA ACTUAL. CREEMOS QUE UNHA HOMOXENIEDADE NOS MATERIAIS EN CANTO A MEDIDAS SE REFIRE E NON A DISEÑOS, E UN CUMPRIMENTO DAS REGRAS E FUNDAMENTAL PARA QUE ESTE DEPORTE ESTÉ A ALTURA QUE TODOLOS QUE O PRACTICAMOS DESEXAMOS QUE SE ATOPE ALGÚN DÍA.

     

Postar um comentário

<< Home