O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 29, 2005

VENRES 25 / 3 / 05

As 11:30 era a hora marcada para o inicio das clases pola organización da Escola de Billarda , pero xa moito antes a pista de cemento de Barreiros era pasto dos nenos pedindo a berros que as portas invisibles da escola se abriran para poder iniciar as clases.
Os alumnos do primeiro día repetiron entusiasmados e xa amosaban unha moi boa técnica no seu primeiro contacto co material de xogo, os nenos das Escolas Deportivas da Mariña Oriental uníanse á gran festa da billarda e como era o primeiro día recibiron unha pequena noción teórica antes de coller os paláns e as billarda.
Os mestres da escola dividiron a pista en dúas partes , mais a mala sorte fixo acto de presencia e Diego, un dos mellores palanadores da escola foi mancado na cabeza por un golpe fortuito dunha alumna , inmediatamente os servicios sanitarios da escola se puxeron en marcha e o neno foi atendido no centro de urxencias de Ribadeo, por sorte, non temos que lamentar ningún dano máis aló do susto pola hinchazón.
Iste segundo día estivo marcado pola lesión de Diego, de tódolos xeitos , os nenos e nenas pudieron seguir practicando o seu xogo cos monitores para o gran torneo que a escola tiña preparado para o domingo. A billarda iniciou o camiño cara a consolidación coma deporte normalizado , isa é a filosofía que a escola tenta expandir, tanto os alumnos os non alumnos pudieron ver e sentir que outro deporte é posible!!