O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 14, 2005

NOVAS DA LNB

O concello de Barreiros xunto coa Asociación Cultural e Deportiva “O Varal” organiza o programa “Escola de Billarda”.
Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a que os nenos e nenas do concello de Barreiros coñezan e practiquen o deporte tradicional da billarda.
Para elo , os días 24 , 25 e 27 de marzo os monitores da A.C.D “O Varal” impartirán cursos para o coñecemento desta disciplina deportiva, o prazo de inscripción no concello , na biblioteca ou no OMIX DE Barreiros está aberto ata o 22 de marzo.