O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 29, 2005

DOMINGO 27 / 3 / 05

Non se notaba en absoluto a tensión que un alumno normal sinte antes de entrar nun examen, nista escola de billarda iso non existe, o torneo non supuña unha proba final para ver de avaliar o nivel de cada palanador ou palanadora, iste torneo escola de billarda é simplemente unha cuestión iniciática, que os cativos sintan o son da madeira contra a madeira tentando meter a billarda entre os dous paus do Varal, sentir o alento do competidor cando se inicia unha carreira , ver a dinámica do xogo e desenrolar a técnica que se foi aprendendo durante os días de clase, istes son os fins principais que se perseguen coa celebración diste pequeño torneo entre nenos e nenas da escola.
Alumnos galegos , bascos e madrileños competiron entre si de xeito exemplar , ningún deles tentou pasar por riba do outro utilizando prácticas ilícitas nen trampas de ningunha clase, todos , alumnos e mestres tentamos aportar o mellor de nós para que o outro aprendese o que nós sabemos , isto tan básico é o que fai da escola de billarda un lugar único , un lugar de encontro donde todos saimos gañando. Unidos pola billarda, porque outra escola unitaria é posible .
Escola de Billarda , a escola unitaria do século 21.