CRÓNICO:
"II TORNEO DO LACÓN" A TILLEIRA / 6-3-05
A pantasma da suspensión sobrevoou o escuro ceo da Tilleira en Lourenzá para a disputa do II Torneo do lacón , mais a cordura impúxose e o que nun principio eran dúbidas sobre un posible empeoramento do tempo tornouse confianza ante as verbas do Bruxo do Varal que nunha comunicación inestremis anunciou dende o seu refuxo de Nairobi que o tempo na Tilleira ía ser frío pero sen precipitacións.
O frío da tarde contrastaba coa calor dos siadeiros nas bancadas da Tilleira que se preparaban para animar ós seus xodadores preferidos.
Na pista de terra os competidores analizaban o terreo de xogo e trataban de adaptarse o máis rápido posible , nunca antes na LNB un torneo se disputara en terra batida, cuñas de pedra e de madeira acompañaban ás billardas para o seu mellor levantamento.
A masiva afluencia de público e palanadores fixo que se tivera que xogar unha rolda clasificatoria entre os últimos inscritos para ver quen pasaban á disputa do II torneo do lacón.
Miguel dos Celitas do Castro e Fran da franquicia de Recemil fixeron valer a súa maior experiencia na competición para deixar fóra a unha debutante Mariana ,palanadora coruñesa que inicia a súa andaina na LNB demostrando un moi bo estilo de xogo , outro debutante Anxel , o Figo da billarda quedou tamén fóra pese á súa experiencia na superliga portuguesa., xunto con Carlos forman o temido tanden luso da LNB.
16 palanaores e palanadoras iniciaron a disputa do II Torneo do Lacón divididos en catro grupos, no grupo D temos que destacar o nacemento dun novo galáctico do deporte da Billarda, dende Vigo chegou cargado cun palán e unha billarda feita polo seu avó para competir na terra batida da Tilleira, Aitor ise Vlado Gudel da billarda demostrou talento e gañas de facer algo grande dentro da LNB, no grupo C sobresaíu a figura de Emilio, veterano xogador de billarda que se achegou por primeira vez ós torneos da LNB para deixarnos a todos abraidaos coa súa técnica e mestría no xogo.
Nos cuartos de final entraron Miguel dos Celitas , que prefire a terra batida ás superficies rápidas e Emilio que non puido facer frente na súa serie ó xogo gañador de Vicente , ise galáctico da ponte da pedra ía lanzado polo lacón de porco celta , quén llo podía impedir? Nen o tricampión da LNB Xermán dos Celitas do Castro foi quen de frear a furia da zurda do Beckham da ponte da pedra que se plantou na final contra Ana da franquicia de Lourenzá que derrotara a Urbano dos Caimaneros de Ribadeo na billarda máis longa e na semifinal a un David preso polos nervos .
A final enfrontou a Ana cun Vicente arrolador, non importaba que os dous protagonistas compartiran o mesmo teito, na LNB cada un ten que mirar polo seu e así foi, Ana atrancouse na saida deixándolle o camiño libre a un Vicente mentalizado para a victoria, a final de infarto en Cabarcos puliu xa para sempre a iste galáctico da billarda que inicia a súa andaina no máis alto do podium. Merecido trunfo dun dos palanadores máis regulares da compatición, noraboa Vicente , que disfrutes do lacón salgado e a prepararse para o próximo torneo.
Toda a emoción vivida na Tilleira demostrou que......
OUTRO DEPORTE É POSIBLE!!

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home