O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 28, 2005

O GPS DA LNB

Ista é a sección do varal dixital na que conducimos ós que nunca estiveron alí, se vives nos escombros do confusión dunha cidade coma Saraxevo , ou se andas a berros entre os canguros nisa cidade portuaria chamada Canberra , se estás de tratante de cabalos en Ulan Bator ou se exerces de motorista imposible nas rúas desfeitas de Bankok , ista é a túa sección!! O GPS DA LNB vaite guiar ata a pista de Lourenzá para que ti , emigrante do palán que estás a milleiros de kilómetros de distancia chegues sen nengún problema para a desputa do lacón da LNB.
Os dous aeroportos máis cercanos a Lourenzá son o de Lavacolla en Compostela e o de Ranón de Avilés.
Postos en Compostela temos que seguir sempre dirección Oviedo, colleremos o desvío a Vilalba , niste punto e vendo o mal que se come nos avións recomendamos facer unha parada en Abadín para saborear no Niza o típico chuletón de xato , despois podemos facer unha pequena visita turística á aldea de Sabordas no propio concello de Abadín , aldea que saíu nos noticieiros de toda Europa porque a luz chegou o en xaneiro do 2005, pois vaia cousa!!, no GPS da LNB solidarizámonos cos vecinos e veciñas de Sabordas en canto que pensamos que para o que hai que ver, a luz chegou con tempo de sobra.
Despois desta paradiña imos dirección a Mondoñedo, seguides un cachiño e xa vos metedes para Lourenzá, no campo de terra anexo ó estadio de futbol alí estará toda a LNB agardando por vos.
Se aterrades en Ranón , saídes dirección a Ridadeo, a parada para o xantar recomendámola en Villuir, restaurante ó lado da estrada en Santiago, xusto na entrada da gran recta de Otur, cando pasedes a ponte dos Santos en Ribadeo seguides todo recto, só está a rotonda de Barreiros na que tedes coller dirección A Coruña, niste punto xa case estades co palán na man, o seguinte desvío xa será o de Lourenzá, preparádevos porque xa estades cun pé no campo de terra batida da Tilleira.
Imposible perderse, achégate a Lourenzá iste domingo día 6 de marzo, consulta o GPS da LNB e súmate á gran festa da billarda, porque outro turismo é posible!!

2 Comments:

Postar um comentário

<< Home