O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 06, 2011

ASCENSIÓNS E ASALTOS NA VUELTA A EJSPAÑA ....A SERPE MULTICOR DA LNB AMOSOU OS DENTES!!

Aitor, Chupi,Gil,Fran da Sur, David Fontán da Noroeste..impresionate a expedición LNB, a moi poucos km de coroar o Angliru con moitísima névoa e cos paláns preparados por se hai que actuar... chegaban os twitts do comando lnb da norleste dende o pico de la Cuella les Cabres relatando as mostras dos diferentes grupos billardeiros que partiron da gz para viver a emoción dunha volta ilegal que pisou terra allea e dixou fóra porque lle deu a gaña ó ciclista galego Ezequiel Mosquera, se el non puido escalar o Angliru, palanador@s coma Marcos ou Martinho dos Remourelle Bulls fixérono no seu lugar reivindicando a súa presenza: Ainda coa gorxa tocada e coas pernas medias desfeitas,logo do esforzo brutal d onte,cada vez me parece mais duro ese porto,incluso pa subilo a pe,e pa baixalo,q foi onde mais me cansei!

AKÍ EN EXCLUSIVA MUNDIAL COÑECE COMO FOI O EXPLOSIVO SALTO DO COMANDO LNB Á ZONA VIP DE LA VUELTA A EJSPAÑA EN PONTEVEDRA!!
Mais uns días antes do ascenso ó Angliru un comando da LNB realizou outra salvaxe acción introducindo varios membros da serpe multicor billardeira utilizando carnets falsos dunha coñecida marca de pensos ¨logo exito" na zona Vip na chegada de Pontevedra. Cubalibres, xamón , viño ... ou papar todo o que se puxera por diante era a consigna diste arriscado grupo de élite da LNB adestrado en bodas e banquetes varios para estar á altura das circunstancias nista arriscada operación , aquí en exclusvia mundial e mantendo o seu anonimato un dos activista LNB fixonos chegar o crónico , convertido xa ne clasico que narra o explosivo asalto LNB á zona Vip de la vuelta a ejspaña:

Dende Ponteareas, pobo coñecido polos 3 campións da Volta nados nesa localidade e polos seus palanadores, partían 2 serpes multicolores, a serpe multicor da Volta a España que como o cometa Halley pasa cada moitos anos e a serpe multicor da LNB que pasa habitualmente por esta localidade. Os ciclistas, que coma os palanadores, levan durante a súa competición bebidas dopantes partían camiño de Pontevedra, ao mesmo tempo a serpe multicor da LNB se poña en Marcha con 2 homes, Otero e Gil que pouco a pouco se incrementarían en número recollendo a palanadores polo camiño. No alto do Moscoso, mentres a serpe da Volta perdía os seus primeiros integrantes, a serpe LNB xa contaba con mais de 10 palanadores coa recollida de Chupi e Anibal entre outros. Na zona de avituallamento en Soutomaior varios palanadores intentaban pola forza pero sen éxito conseguir varias bolsas coas substancias dopantes que lle entregan os equipos aos seus corredores, para utilizalas nesta nova tempada da LNB. Resultado do cal un palanador quedou en muletas despois do forcexeo. No Alto de Pontecaldelas, cando os animos estaban mais quentes, unha veintena de palanadores asubíaba a Guardía Civil e aplaudía aos ciclistas que respondían tirando botellíns a cuneta para que os palanadores os usen nesta nova tempada. Despois desto a serpe da LNB se dirixíu cara a meta de Pontevedra. Cando os mais de 30 palanadores chegaron ao fin da etapa cos paláns e billardas e tras unha astuta estratexia do Cardenal Otero, a LNB entrou pola forza a zona VIP da meta, onde deixaron sen subminitros de xamón, cervexa e whiski aos VIPs traxeados que había nese lugar. Chegou o pelotón e como pronosticaba a faixa do billardeiro Moañés Daniel gañou o eslovaco Peter Sagan. Este billardeiro Moañés que vivíu os últimos 5 anos en Polonia conoceu a Peter Sagan cando se proclamou vencedor da volta a Polonia e quedou con el de apoialo cando viñese a competir ao noso país. Sagan dedicoulle a este billardeiro o triunfo. O resto da serpe LNB abandonou, porque xa non quedaban existencias na zona VIP e foise para casa para preparar a acción de mañán nos Ancares.


En 2 días que leva "La Vuelta" por terras galegas a LNB conseguíu infiltrar a Rubén de Soutipedre no podium de Cabeza de Manzaneda e invadir a zona VIP da chegada de Pontevedra. Como non hai 2 sen 3, para saber o que pasará mañán nos Ancares permanecede atentos a ovaral. Algúns medios informan que aparecerá Xan Rodiño como ciclista no medio do pelotón, depois de que abandonase o Aberto do Piornedo en bicicleta e naide voltase a saber mais del, din que leva entrenando nos Ancares dende ese día. Outros medios informan da posibilidade de que o auténtico urogalo dos Ancares residente en Ribadeo apareza en Sarria para dar a saída aos corredores. Mañán veremos o que acontece nestas pantallas...partíu!!

7 Comments:

  • At 8:28 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ainda quedan as accións dos compañeiros da txirikila nas 2 etapas nas que invaden as súas estradas a serpe multicor. Aínda que alí de serpes saben bastante

     
  • At 9:30 PM, Anonymous Anônimo said…

    Este ano non se viu a Marcos na televisión coma o ano pasado.

     
  • At 12:20 PM, Anonymous Anônimo said…

    taba ali onde caeu a moto de tve, non nos acusaron da caida de milagro!!marcos

     
  • At 12:45 PM, Anonymous Anônimo said…

    JODER, IMPRESIONANTE O TIPO DISFRAZADO DE ORANGUTAN CHIMPANADO POLO PRADO!!

     
  • At 3:18 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pero o Orangután non é unha especie autóctona do Angliru?

     
  • At 4:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    o orangutan pensei q se mataba baixando por le cueñe les cabres a toda ostia coa bici e coas pernas abertas!

     
  • At 4:42 PM, Anonymous Anônimo said…

    Para Orangután o de Mos que xoga na LNB.

     

Postar um comentário

<< Home