O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, fevereiro 06, 2011

XAN RODIÑO ARREBÁTALLE O BOLÍGRAFO DA LNB A SERXIO DOS XARUTOS NUNHA FINAL ANTOLÓXICA NO ABERTO DE SADA!!



A Conferencia NorOeste voltou escribrir un novo e histórico rego coa inmersión billardeira realizada na vila de Sada , a perla das mariñas non puido resistirse ó engaiolamento da LNB e acolleu á tribo cos brazos abertos nista primeira saída da xungla de alfalto Coruñesa.

Máis outro histórico palanador chamado Xan Rodiño , foi quen de vencer de novo e sumar ó lacón acadado en Meira o maxistral agasallo sorpresa que se gardaba na caixa destinada para o campión ou campioa que resultou un fabuloso bolígrafo para que Xan continúe escribindo a súa fantástica história e o guión do Galiza en Varados que coma sempre iste luns sairá ó ar ás 21:15 h. ( 15 minutos despois da hora orixinal en protesta polo secostro do Galo Ateo de Ove ) . Mais non só o palanador dos Bateas brilou en Sada, Serxio , unha das estrelas da conferencia e militante dos Xarutos plantoulle fronte a Xan ate o último sefundo na final acadando o segundo posto e con el a gran botella do viño autóctono do salnés. Mais a toda a tribo que maxistralmente Anxo dos Tarabelas que xestionou o pavillón , uníronse o comando itinerante dos Remourelle-Bulls do Norleste do que formaba parte o propio seleccionador nacional que xa está traballando areo ollando xogadores e xogadoras para despois do asalto frote ós Paisos Catalans ter á Auténtica sempre a punto para afrontar calquera nova enganchada nas que dende Ovaral.international xa se está tentando xestionar...NorOeste sempre, adiante co varal!!

4 Comments:

  • At 12:35 AM, Anonymous Ramil said…

    por favor , hai xente que xa non poderá dormir màis ate que Flores aclare día, hora e emplazamento en San Miguel de Reinante para Master-Series do Aberto do Besto Bravo.....UN Perro Andaluz e Besto bravo Galaico as obras mestras de dous avanzados: Buñuel e Flores!!

     
  • At 1:27 AM, Anonymous Filloas de Sangue said…

    Atentado dos Bateas a un dos nosos palanadores no aberto de hoxe. A LNB terá noticias nosas, isto non pode quedar impune.

     
  • At 6:43 PM, Anonymous GABINETE DE PRENSA BATEAS said…

    Desde o secuestro do comando Faisca de Ateo o equipo Bateas está tempo todo tipo de mostrar de cariño e solidariedade por parte do resto dos equipos da LNB. Mais, esta fin de semana na conferencia Noroeste poidemos comprobar que FILLOAS DE SANGUE intentou ser o comando Filloas. Nunha acción totalmente antideportiva, un dos seus integrantes, David Fontán (hai que dar nomes e apelidos) no seu enfrontamento de oitavos contra Xose Rodiño, tronzou o seu palán no último golpe (tiña que facer un varado para seguir na competición) e un anaco de madeira síau como lanza mortal en busca do seu opoñente de Bateas, por fortuna non alcanzou o seu obxectivo.
    A LNB non pode ficar impasible ante este comportamento, máis propio de épocas bélicas pasadas.

     
  • At 10:38 AM, Anonymous Anônimo said…

    Haberá que ir pensando na homologación dos materiais a empregar. Suxiro que Luis Bateas faga probas exhaustivas(quizais axudado por algún dos Bulls de Remourelle), con varios tipos de madeira e aquila que soporte mellor os ataques de frustración do tolo da barba, adoptarla como idonea para facer palans e billardas. E unha suxestión.

     

Postar um comentário

<< Home