O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 31, 2017

BILLARDA , LACÓN . VIÑO DE VILABOA E ENCROBAS SEMPRE!!















A tribo da NorOeste rachaba a mañán do domingo cos seus poderosos varados en homenaxe á loita e resistencia nas Encrobas.















As billardas coma radical  soporte poético-literario estanse a impoñer nas pistas da LNB e en cada recuncho do país donde un berro xordo precisa das nosas billardas impresas, nengún sitio mellor que ó carón do busto do referencial Moncho Valcarce apousentar o noso fero ouveo de carraxe e resistencia indíxana.















Un aberto das Encrobas que tivo moitas derivadas , entre eleas o pase do documental " unha muller que pasa-silencio" nun centro social ateigado de xente que puido desfrutar tamén da exposicion itinerante de cartaces e estalos dos 10 anos de activiade e hiperenxebrismo da LNB.



















E das Encrobas a Meira , non corazón da terra cha luguesa celebrábase na tarde do domingo unha nova edicion do mítico Aberto do Lacón.




















É tempo de cocidos e de apoloxía da matanza , son moitos os fogares donde aínda os cochos colgan abertos das bigas , en poio do dereito a matar na casa a LNB coroou ó gran palanador dos Billardeiros Musicais Manolo Pozo coma gran campión do Aberto do Lacón. O palanador ribadense despois de asaltar varias veces os podiums da Noroeste por fin en Meira racha o xeo na conferencia mae , que é a súa natural , e faise co primeiro ó carón de Pepe de Outeiro coma segundo clasificado e Franco coma terceiro.



















Un día antes , o sábado en Vilaboa , un novo aberto multitudinario irrompía na Conf. RíasBaixas, no máis alto Ricard lanznado ó carón da súa billarda a mensaxe de que quen tivo coroza retivo xestas , unhas xestas e un xogo que poden facer que a final de tempada a Coroza volte a cubrir o seu fibroso corpo de atleta-LNB....Billarda , Lacón, Viño de Vilaboa e Encrobas Sempre!!

sexta-feira, janeiro 27, 2017

SÁBADO EN VILABOA E O DOMINGO DO LATEXO NAS ENCROBAS Ó ABERTO DO LACÓN DE MEIRA!!




















Espectacular catar o que se curraron os activistas da Conf. RíasBaixas para anunciar ó mundo a enganchada regular diste sábado en Vilaboa. O domingo nas Encrobas estará a exposición itinerante de cartaces e estalos dos anos de activiade e hiperenxebrismo da LNB , dende logo hai que ir pensando nun apartado para incluir xoias para os nosos ollos e sentidos coma iste flyer de Vilaboa






















E o domingo , espectacular programa de actividades paralelos do explosiva  xornada regular da conf. noroeste nas Encrobas , Moncho Valcarce en cada varado iste domingo aparitres das 11 h. e sempre!!















E moito ollo porque os acticvistas LNB que iste domingo se queiran desprazar da conf. atlantica á conf. mae que teñan coidado xa que ista pasada madrugada foron liberados unhas 400 perdices dunha granxa de Monforte ....
















Coas perdices ceibes e Quinin vivindo a corpo de rei en Dumbria non hai mellor perludio para que a oitava edicon do xa mítico Aberto do lacón de Meira se convirta nun autnetico exitazo . Paláns ergueitos e lacón salgado , iste domingo apartires das 15 h, no parque se o tempo o permite e senón no pavillón municipal a tribo LNB ten unha cita ineludíbel nas terras da tropa lixiera....Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

sábado, janeiro 21, 2017

TABE ......DALLE , SIGUE E DALLE!!
























Tabe, Zenzar e toda a tribo da Cochikeira  é o gran facho de lume que coa súa actitude e compromiso indíxena alumean cada un dos nosos varados na noite perpetua 























Billardas de toxo e raiba iste sábado no gran Aberto previo ó explosivo concerto homenaxe ó samurai das catro cordas no Malatesta de Compostela


















....VAISE ARMÁR!!

terça-feira, janeiro 17, 2017

UN PIXAMA PARA A MONCLOA ,UNHA GALIÑA DE MÓS PARA AS RÍAS BAIXAS E DUCIAS DE OVOS PARA MUIMENTA!!


O cumio irlandés - español deixou unha das imaxes máis surrealistas para deporte galego que de seguro tardará moito tempo en ser superada. Que o primeiro ministro irlándés agasalle a rajoy cunha camiseta da seleccion galega de futbol gaélico é un feito que nen o máis coñecedor das artes protocarias poderia nen sequera imaxinar. É iste agasallo "ao máis alto nivel" un feito positivo ou un insulto para o futbol gaélico galego? . A resposta está no ar .... e de seguir rajoy recibindo agasallos "autótonos" nos seus futuros cumios internacionais de que pesidente e que qué país che gostaria que recibira a camiseta da Auténtica?

















Un outro feito desacougante foi a presenza de varios comandos de palanadores e palanadoras chegados da Conf. RíasBaixas que coma adelonciñas famentas asaltaron o antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea na procura das dúcias de ovos e dos espectaculares exemplares e Galiñas autóctonas no gran Aberto da Galiña de Mos coordiando pola referencia equipa aborixe das terras do Lea O Cadaval. Xan Rodiño dos Lúa de Forza das RíasBaixas proclamouse campión absoluto diste gran aberto e xunto cos Carabullo coma campións por equipas e Geni de BM coma campiona feminina coparon o máis alto diste podium niste primeiro torneo do ano no hemisferio chairego. Galiñas e Pitos de Mos Sempre, Adiante co varal!!

quinta-feira, janeiro 05, 2017

LNB , CAMPAMENTO DE REFUXIADOS EN TERRITORIO OCUPADO










Liga Nacional de Billarda_2017>>Aceptaremos polbo coma animal de compaña cando vós aceptedes que nosoutros ( os da billarda e quimbumbia ) non somos vosoutros.















Oliver Laxe , o gran director outsider-galego que istes días anda apresentando Mimosas o seu cucus-wester gravado nas montañas de marrocos, acaba de anunciar que vai por en marcha unha aula permamente de cinema na casa dos seus avos nos Ancares ,. e alí precisamente é donde está a preparar a súa próxima fita , unha obra de apoloxía ó pirómano galego . O lume que sementa o home que queima é a extension da súa dor interiror que o-a corroe por dentro, son as verbas de Oliver que non veñen máis que a confirmar querencia incendiara que moitos palanadores e palanadores levamos dentro e que incluso o grupo de punk rock indíxena "Ex-Tension Agraria " nado nas pistas da LNB expresou maxistralmente no seu mítico tema "Lume" . 2017 ...Lume en cada golpexo , latexo e varado!!