O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 31, 2016

O COROCEIR@ E OS CAMPI@NS NACIONAIS DO PLAY OFF NACIONAL_2016!!


















Domingo 29 de Maio , 12:30 h - Estadio do Fátima no Castiñeiriño ( Compostela )....Arrincaba a explosiva edición do Play Off Nacional da LNB_2016!!



















As expedicións das diferentes conferencias confraternizaban a primeira hora mentras preparaba as armas para saltar ó campo de combate...




















Un campo de loita e combate billardeiro que unha vez máis foi xestionado polo home a LNB en Compostela , Mario de Conxo , por desgraza constatamos durante a xestacion diste gran evento deportivo que iste Concello do Compostela tampouco nos entende non , trocan os colares pero seguen os mesmos cans  Marea-ndo a mesma perdiz.....



















Contra vento e marea ...Arrincaban as finais nacionais infantil e feminina coas que a LNB esnaquizaba o xeo niste Play Off Nacional_2016



















O xantar de irmandade por mor da boráxine competitiva ista edición transformouse nun abitoallamento tipo ciclismo , mentras as billardas bruaban na pista os palanadores e palanadoras que non competían inxerian os sólidos e líquidos necesarios para ofensiva salvaxe na terra batida...



















As tortillas e os bocatas voaban polas mesas da cantina e as bancadas do estadio do Fátima , polo frenético do xantar non se puido celebrar  o mítico Concuro Millo-Corvo á mellor e peor tortilla , o millo mouro enfariñado quedou ista edición deserto mais para o próximo ano sen dúbida retornará ó sitio que lle corresponde no podium do Play Off Nacional




















E polas 17 horas arrincaba a final de varados abrindo o lume na sesion de tarde coma previo de luxo para a desputa da gran final absoluta do Play Off Nacional_ 2016


















Unha final na que sorprendentemente caía en primeira rolda Ricard o Coroceir@ Nacional que defendía o seu título acadado maxistalmente na cidade da cultura , e canda el moitos dos favoritos para situar na final a dous bravos palanadores do Norte , Collazo pola beira atlántica e Chousa pola Chaira acariñada pola brisa cantábrica....


















Podium Infantil:
1º Juanma ( Lúa de Forza )
2º Rubén ( Billardeiros Musicais )
3º Geno ( Corredoiras )

























Podium Feminino:
1º Geni ( Billardeiros Musicais )
2º Paula ( Cruzados )
3º Elena ( Gharabotos )


















Podium Equipas:
1º Billardeiros Musicais
2º Corredoiras
3º Rinocerontes



















Podium Varados:
1º Che ( Rinocerontes )
2º Xan ( Lúa de Forza )
3º Collazo ( Tribo NorOeste)



















Podium Absoluto:
Coroceir@ Nacional: Chousa ( Remourlle Bulls )
2º Collazo ( Tribo NorOeste )
3º Pasto ( Gharaboto )
4º Pepe D´outeiro ( Cadaval )

segunda-feira, maio 30, 2016

VICTOR CHOUSA , O BRAVO PALANADOR CHAIREGO DOS REMOURELLE-BULLS , ESNAQUIZA OS PRONÓSTICOS E PROCLÁMASE EN COMPOSTELA COROCEIR@ NACIONAL_2016!!

De reenganche , sen apenas pegar ollo no transito espacial dende o campo da festa de Castro de Rei ó carón do río Azumara no festival Homenaxe a Manuel Maria , Chousa , o gran palanador chairego dos míticos Remourelle Bulls nunha xornada absolutemente histórica para a billarda , a sociedade e o deporte galego no campo de Terra batida do Fátima , proclamouse Coroceir@ Nacional 2016 despois de vencer nunha espectacular final a cara de can ó palandor da tribo-NorOeste Xosé Collazo . Despois de dúas carreiras en empate técnico na terceira Chousa subiuse ó esceario do Alegre donde tan só unhas horas antes Mini e Mero , os Tres Trebons e a tribo incomprensibel invocaron ó autor de soños na gaiola para coller impulso e facerse coa Coroza e o título de Campion Nacional Absolutao da LNB_2016.




















Un barreno de emocions contidas estourou no interior de Chousa cando a billarda de Collado bicou a lona ne terra batida do Fátima selando o encorozamento do gran palandor dos Remourelle Bulls.




















Os míticos e referenciais Remourlle-Bulls teñen o seu primeiro Coroceir@ Nacional un feito que unido o brutal apego de Chousa á causa e filosofía da súa terra mae fixo que foran os emocionados palanadores das franquicias da chaira os que abrazasen tamén coma propio o gran triunfo do xinete da apocalipse billardeira no estadio do Atléco Fátima



















No podium ó carón do Coroceir@ Nacional 2016 , situouse Xosé Collazo coma 2º clasificado , Pasto de Gharaboto coma 3º e 4º o tamén chairego dos poderosos Cadaval Pepe de Outeiro.


















Ricard , o gran palanador de Corredoiras coma posuidor do título nacional ate ise intre deixou repousar a Coroza sobre a testa e os miolos de Chousa vestindo de xestas o corpo e esprito todo do novo Coroceir@ Nacional , indescriptíbel a emocion dos alaridos de Alvariño para anunciar ó mundo enteiro que Chousa o seu amigo , veciño e compañeiro de fatigas era o Campión Nacional da LNB e sobrecolledora a ollada húmida de Muriego , o seu compañeiro nos Bulls, tratando de gravar na retina un intre absolutamente máxico e histírico que moi pronto tod@s poderemos enmarcar no especial Coroceir@Nacional do imprecindíbel Bruar dos Bulls...Noraboa a tod@ Campións Nacionais , participantes niste Play off Nacional , palanadores e palanadoras da LNB porque cada xesta da Coroza representa a cada un-unha de Nós...Billarda Sempre, Adiante Coroceir@ Nacional!!

sábado, maio 28, 2016

ESPAÑA NECESITA UN MADURO E A GALIZA UN COROCEIR@ NACIONAL. O ESTADIO DO FÁTIMA EN COMPOSTELA ACOLLE A GRAN MUIÑADA_2016 DA LNB!!
















Chega o Play Off Nacional_2016 ...Un brutal estoupido de emoción e señardade que iste domingo dende o campo de futbol do Fátima en Compostela invadiré o páis enteiro!!





















Dende O hemisferio sur e o norte-atlantico o domingo pola mañán partián as columnas de carros rumbo ó Castiñeiriño para a desputa do  PLAY OFF NACIONAL _2016 , dende o Norleste despegará a xá mítica Guagua D´O Varal:
- Saída 8 da mañá estacion de Ribadeo 
- 9:15 Parada na Rotonda Grande de Vilalba de As Pontes - Ferrol
- 9:45 Parada ó carón do Tanatorio de Baamonde
Contacto: 607.630364


























E no xantar autoxestionado no estadio do Fátima do Play Off Nacional_2016 da LNB , nova edición do mítico concurso anti-gastronómico Millo-Corvo para o mellor e peor collage de patacas, ovos e varados...colle a tixola e ‪#‎FaiunhaTortillaLNB‬!!

















A COROZA NACIONAL DA LNB ESTÁ PREPARÁNDOSE PARA RESISTIR Á CHOIVA.
Ben certo que unha das funcións ancestrais desta vestimenta é resgardar do líquido elemento e, deste xeito, non interromper os labores agrícolas.
Leva dúas semanas pasando día e noite pendurada dun lobio para aclimatarse á humidade da nosa atmosfera.
Vestir este tótem da billarda durante uns minutos protexe das malas enerxías durante un ano, segundo investigacións do departamento de Psicoloxía Social da USC....Fai a túa quini-billarda , quén porá cara á espectacular Coroza_2016?? - Billarda Sempre, Adiante Play Off Nacional!!

sábado, maio 21, 2016

A GRAN FIND. DO COELLO DE SUSO ....REMOURELLE , PONTECESO E PONTEVEDRA!!

















Unha ves máis as páxinas do referencial e mítico voceiro dixital dos Remourelle Bulls botan lume para anunciar o trepidante find. a chimpodo de coello cuxo epicentro brutal se sitúa no galiñeiro de Suso Villarino e estoura a xenito global da propia man e pruma do implacábel palanador e criador de coellos , galiñas e cochos indíxenas galegos.



















Un Aberto o do Coello de Remourelle_2016 cuxo impacto artístico estoura por todos os frontes e faise máis que evidente co espectacular collage co que as sacabeiras creativas dos Bulls anucian o explosivo evento diste sábado que terá o seu arrinque nun xantar de Irmandade na mítica Taberna de Lola e que apartires das 15:30 terça a súa continuidade na pista de xogo para desembocar na máxica entrega de premios fin de tempada e selado de pasaportes para a desputa do Play Off Nacional 2016 no campos da festa do Castiñeiriño ( Compostela )























E simultáneo ó coellada de Remourelle na Alameda de Pontevedra derradeiro Aberto puntuábel da Tempada e posterior Gala de Entrega de premios e salado de pasaportes para a loita pola Coroza ista vindeiro domingo 29 de maio en Compostela.























E coma guinda brutal á find. do Coello , a tribo da LNB-Noroeste acode unha vez máis ó espectacular acougo do Museo EtnoLudioco e Ponteceso para desfrutar dunha máxica xornada de fin de tempada . Será iste domingo apartires das 11 h, alí poderás desfrutar a intensidade do noso deporte nacional nun marco marco incomparábel...



Find. do Coello de Suso Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, maio 15, 2016

BILLARDA , UN LUGAR ABRUMADOR...

















O Coroceir@ Nacional que tod@s levamos dentro agarda ansioso polo domingo 29 de Maio , alindando as vacas facendo de tripas corazón en cada un dos recunchos do seu subconsciente escarlata, alimentando con cada latexo as xestas e os paláns coas que combater en Compostela,  unha vez máis,  a gran barbarie colonial infinda...

















A tribo  da NorOeste afía os desexos concentrándose en Paiosaco na Laracha para que un dos seus activistas cubra cos Coroza  por primeira vez na história a caluga e todo o seu ser , Billas do Noroeste cargadas co salitre e a brisa da Costa da Morte  desafiando cama o país todo un destino predestinado porque.. para eles é o vento , para nós é a fame , para eles é o ceo , para nós son as miserias e o inverno!!





















Regos de sangue , suór e tinta percorren os regos e corredoiras de cada recuncho da Conferencia RíasBaixas na angustiada espera polo incerto solpor, Sécase a boca , a gorxa enmudece , sécaselle a pel ó palán e á billarda e un volcán estala en cada varado...




















O paraiso é un lugar abrumador , no lugar de coellos a prensa local saca da chisteira Osos Pardos surfeando nos valados da noite , Vilamartin-Pequeno e Remourelle epicentros brutais do estourido billardeiro reciben cos brazos abertos a toda clase de fauna ..porque no paraiso somos verdes coma as rabizas e naturais coma os diamantes e o zurro ...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, maio 08, 2016

XERRO 2016 >> MOITO MÁIS CA UN ABERTO ...UNHA FILOSOFÍA , UNHA ACTITUDE FRONTE Á ADVERSIDADE DOS TEMPOS!!


















Mentras Alx recibía as primeiras fregas na perna lesionada na maná do seu histórivo debut en Lisboa ao frente dos AC/DC a Guagua da LNB aterraba na pista das Angustias de Xil para ceibar ós palanadores e palanadoras que dende o Norte  un ano máis se ían enfrontar ós furanchos e ó bruar das Billardas nunha nova edicion do mítico Xerro do Salnés .






















Ás 8 da maña partíu a expedicion billardeira dende Ribadeo á que en Compostela se uníu un perigoso Comando de activistas da Noroeste.





















Ás doce da mañá a Taberna da Cancela  , o punto de encocontro dos dous hemisferios billardeiros , era un auténtico fervedoiro de emocións contidas , coas primeiras cuncas arrincaba o tan agardado Xerro do Salnés 2016!!














Unha xornada que tiña coma pistoletazo de saída a mesa redonda de conferencias LNB previa ó Play Off Nacional de Compostela donde o sairá o Corocer@ Nacional 2016. Nisa Mesa Nacional de Conferencias LNB da Taberna da Cancela quedaba o Xerro e os espectaculares complementos polos que pola tarde se aloitaría na pista da Capela das Angustias.



















E a serpe multicor LNB comezanda a delizarse pola estrada de Xil na arrinque da sempre perigosa e impredecíbel Xira de Furanchos Xerro dos Salnés 2016!!


















Espectacular recebemento no mítico Furancho de Mucha no que as Cuncas , a empanada e a tortilla con ovos e patacas da casa fixeron tremer ó mesmísimo campión da ultima polo de agora edicion da Cunca Xíbara , Luis Camiña , que acompañou á serpe multicor ate ista primeira meta voante billardeira e despois deixou ó Militante de Fachenda Galega e aos aborixes de Xil coma guías nista abafante e alucinóxena trabesia furancheira..



















En Xil polo de agora non hai metro , unha opcion que a deputacion de Pontevedra debera sopesar aínda que só sexa para prestar o servizo de traslado de palanadores e palanadoras entre zoas furancheiras das terras baixas das Angustias ás terras altas , é por elo que a para solventar ista gran eiva da deputación sepre multicor tivo que botar unha vez a man á Guagua da LNB ...


















Co barruzo xa acariñando o pelexo , os activistas da LNB combatían a molladura de fora coa única forma que o palanador e palanadora coñece , mollandose tamén por dentro!!



















Cunha presadas de cuncas no corpo a mente corre máis de presa e o sangue ferve nas veas , é por iso , que varios dos expedicionarios no fragor das conversas decidiron coller as armas coma metáfora brutal de que a LNB en particular e o pobo galego en xeral  estamos fartos xa de tanto inutil , corrupto e trepa...fartos xa dista puta dictaura da democracia!!


















E lexos de calmar os ánimos , e coas mans aínda ulindo a polvora queimada ...a serpe multico da LNB ascendeu a costa de cosco para conquistar a gaiola de cristal na que se acocha o espectacular palleira reconvertida en comedor de furancho que acolleu unha vez máis o reconfortante xantar de irmandade do xerro 2016.
















E simultaneoa ás probas de son de AC/DC en Lisboa , na pista das Angustias de Xil presidia pola chuvia arrincaba unha nova edicon do Aberto do Xerro do Salnés.















Pese a que un gran número de estrelas da Conf. RíasBaixas estaba ausente por mor do Aberto puntuábel en Soutomaior , Abel e un nutrido número de xovens palanadores de Xil lograron enfervorizar á afeccion local que seguía cunha intensidade brutal cada un dos seus golpexos...

















A edicion pasada do Xerro desputárase no pavillón municipal  por mor da chuvia , unha opción desbotada totalmente ista edicion e seguramente en todas as futuras, , por unha banda por clara filosofía indíxena e por outra porque o pavillón está co teito levantado por mor dun vendabal de fai uns meses.


















Dende as terras da Noroeste chegaron palanadores e palanadoras dispostos a tinguir os beixos e os dentes de violeta-barrantes mais tamén de tentar meterlle o dende ó Xerro na pista mollada das Angustias...














E despois da tempestade de cuncas e varados a calma apoderouse de novo da Taberna da Cancela donde se realizou a sempre excitante entrega de premios e do Xerro...















Un Xerro 2016 que Geni dos Billardeiros Musiciais non deixou que nen Collazo ( 2º clasificado ) nen que Flores e Coedo ( compartindo 3º posto) lle arrebatasen - Remataba unha nova edicon do máis antigo dos Abertos de Billarda no hemisferio sul e arrincaba a tan só un un par de centos de km. de distancia o histórico concerto de AC/DC en Lisboa liderados por un Alx Rose en silla de rodas...Taberna da Cancela , Rock Paraolimpico e Billarda Sempre , Adiante Xerro do Salnés 2017!!

sexta-feira, maio 06, 2016

O XERRO_2016 ABRE A GRAN FIND. XXL DE BILLARDA , CUNCAS E HIPERENXEBRISMO!!




















Xerro do Salnés_2016, unha pila de anos e de cuncas de hiperenxebrismo>> Para todos aqueles que odien a auga e amen a billarda por igual , iste sábado ás 12 h. kedada na Taberna da Cancela de Xil para dar inicio á mítica Xira de Furanchos , e despois, o diaño da LNB xa dirá...Billarda , Xerro e Hiperenxebrismo Sempre!!  






















Explosivo Fin de de semana XXL Billardeiro : Sábado Xira de Furanchos + Xerro do Salnés en Xil da man dos irmáns da A Taberna de Cancela , en paralelo pola tarde Aberto de Soutomaior da Conferencia Rías Baixas ....



































e o domingo pola mañá espectacular Aberto de Malpica na mítica Billarda Lnb NorOeste no brutal marco do Croa do Castro no que haberá billarda e un feixado de sorpresas...Imperdíbel,  ‪#‎FaitedaLNB‬ , Cuncas e Billarda Sempre!!