O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 06, 2015

MANU DE POLKA SIGUE OS PASOS DE ALVARIÑO E GAÑA A ESPECTACULAR CACHUCHA DO OUTONO DE BUAL!!


















Para os aborixes do Estado Billarda é tempo de Matanza e para celebralo nada mellor que coller os coitelos e os paláns e botarse ó monte na procura da Bolera de Bual donde os irmáns do Liriu agardaban pola serpe multicor da LNB para a deputa do primeiro gran Torneo de Biyada do seu referencial festival de apoloxía do Outono.



















Un día e un marco perfecto acolleu o espectacular estreo Biyardeiro na vila de Bual




















20 inscritos competiron a cara de can e en perfecta harmonia co sol, a herba e o ar de outono  na procura do castru de Bual



















O perigoso comando LNB , estaba formado por activistas dos Bulls , da EkipA e da Polka . Os de Pol deixaron co xogo e a actitude da súa mega -estrela Alvariño semente de victoria no subconsciente colectivo da Copa Cantábrica e os seus compañeiros de franquicia Sara e Manu seguiron nisa brutal de liña de xogo e identidade no gran Torneo de Bual.


















E despois das tandas eliminatorias foron Jorge da EkipA  e Manu de Polka , os que desputaron a gran carreira final polo título no primeiro Torneo de Bual , sendo o compañeiro de Alvariño, Manu, o que se levou a cachucha para a cazola.



















Despois do Torneo xantar de irmandade no restaurante-estafa que resultou ser o Zángano e espectacular sesion ó final da entrega de premios de desafíos cantados galego-asturaianos en forma de regueifa , unha regueifa que Manu iniciou na propia entrega de premios cando incidíu na idea de non máis animais mortos coma trofeos na billarda..Biyarda Sempre , Adiante Outono do Bual!!