Moito tes que saber para cogumelos comer , así estoura o refreaneiro galego que serve para ilustrar á èrfecccion sabiduría inmensa dos activistas de Carabullo , a equipa e referente social de Outeiro ( Muimenta ) que coordiandon maxistralmente o desxeo da actividade regular na conferencia mae...
E fixérono unha vez máis cun brutal puñetazo en forma de trofeos riba da mesa , a cada edicion ademáis os cabullo acariñan aínda máis o risco e o perigo xa que ás espectaculares esculturas de madeira e aramio uniron unha gran cesta de productos locais para a equipa campiona do aberto que incluia uns espectaculares cogumelos que foron caer en mans dos Billardeiros Musicais , só queda pois esperar a ver se no proximo aberto na Cadeira , os de Ribadeo aparecen vivos e "coleando" ou se polo contrario os Carabullo utilizaron a táctica do embeleamento para rematar pola vía rápida co poderío billardeiro orixinario das beiras do Eo.
Pase o que pase na LNB hai remedio para todo , e en Outeiro demostrouse con feitos de sobra , un aberto tan especial que ademais de servir para estrear as eliminarias por grupos servíu para estrear un novo e implacábel Campión Absoluto , dende as terras de Meira , Alvariño xa viña lambendo durante a pasada tempada os laureis do éxito mais coma o fume xun xaruto esvaecíase sempre no ultimo intre, mais en Outeiro , os astros , as cervexas e o ovo relado conxuráronse e Alvariño proclamouse maxistral campion do Aberto . E non quedoua cousa ahí , impresionante o seu discurso cando recolleu o trofeo , no que se reivindou coma palanador ceive sen equipa ainda e no que reivindicou a filosofía de integracion e harmonia brutal da LNB .
Unha filosofía e harmonia brutal de accions que se espallou dende o palán do Ibrahimovic de Meira á pista de Culleredo donde os activistas da NorOeste desputaban o seu novo aberto puntuábel...
e á praza do Mar de San Xenxo donde a tribo ds RíasBaixas celebrou a súa nova enganchada regular..
Foi pois unha find. de lume e xeo no que a conferecia mae botou a andar e a ver agora quén a para ..porque como xa se sabe , o comer e rañar é todo empezar..
.Billarda Sempre , Adiante co Varal!!