Pese á brutal oferta de Al-jazeera , Xose Miguel Blecua , decidíu verquer en exclusiva mundial no Varal o espectacular macro-crónico do Aberto de Errenteria Txirikila-Bilharda 2015 , que o desfrutedes...Avante Marea Cantábrica!! >>
A Marea Cantábrica superou a mellor das súas espectativas cun multitudinario aberto de txirikila-billarda nas festas do barrio de Gaztaño en Errentería baixo unha gran tormenta. Fai xa bastantes anos que a Txirikila comezou a súa expansión en Euskadi da man do gran Mourinho, ao que enviamos o noso pésame polo falecemento da súa nai e un grande abrazo. Tras o seu regreso a nosa terra fai un par de anos os diversos billardeiros que se atopan por Euskadi non foron quen de organizarse para dar continuidade a todos os abertos organizados polo Fato Daniel Castelao. Esta pasada fin de semana púxose fin a estes anos sen sentido nos que a sociedade basca demandaba txirikila coa reactivación do Txirikila Bai, a plataforma creada polo pobo para crear a liga basca de billarda e a súa retransmisión a través da ETB.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiqxbz3hoALT75iuieWRMZ6ciwTEpTHgEPnRGnTEzXes6WVOJ89TfRZTmaZgqrMGp5uW7NLOFYrFgQfb1dfH5iL7yayOSitg9T0UXM71q-hmAs898Nvl2uXAgp563Tb7ZAJlc1P/s400/eh11.JPG)
Ana de Donosti e Paulo de Errentería comezaron fai meses as xestións da reactivación de Txirikila Bai, e coa excusa das festas de Gaztaño as billardas golpearon mais forte que nunca en Euskadi, para xa non marchar dunha terra que quere billarda.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhata8No5DmZo5_2cRFaURJZJ4V9xpgh5pusku-yrD4_A6tJPUDvvOXVgyGGIu6aSFKaYOrkZ3wA9lmaI9AMnSzhoS1yn18JVfgYzOlRM5IypY0QwQf9Dbblp6n7tbkCpu4Sunj/s400/EH6.JPG)
Foi fai uns meses, durante a desputa do xerro do Salnés, cando os galegos coñecimos que o sábado 13 de Xuño sería o regreso da billarda a Euskadi, e foron moitos os que non querían faltar a esta cita histórica e organizaron a auténtica caravana galega da Marea Cantábrica, enchendo de galegos Errentería en Euskadi co Aberto de Gaztaño e Piarnu en Asturias onde simultaneamente celebrouse o xa mítico Aberto do Pitu Caleya. A terras bascas desprazaronse multitude de galegos. De terras galegas partiu a caravana con activistas billardeiros das vilas de Carballo, Santiago de Compostela, Mondariz, San Xoán de Río, Monforte de Lemos, Vigo e mención especial para o convoi de Ponteareas que foi o mais numeroso. Indo tanta xente era lóxico que houbese algunha avería, e o convoi que partiu de Castro Caldelas comandado por Raquel sufríu problemas técnicos e non chegou a tempo para a desputa do aberto. Por outra banda ducias de galegos residentes en Euskadi non quixeron perder esta cita histórica. Mención especial para os galegos que viñeron dende Gasteiz e que dende o sábado forman parte da Gran Familia da LNB. E como todos sabemos: non existen ex-xogadores de billarda, polo que chegaron para quedarse.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhElaGvq-EG6WBGDY8xV_Bm1gDpj2MMey4dpgHzaq8bNmSDpOWEAUfb9Ip-v0kXCFaXLXH5w_TIXgL_fDFfkZT9PrwT1STiy4SlJ00JjpaHomhVFFef2snUJOeB6jNGoLHnORzS/s400/EH1.JPG)
A caravana galega da Marea Cantábrica chegou a Errentería e o recibimento foi espectacular. A organización feita por Paulo tiña estudado ata o mais mínimo detalle. O punto de encontro era a Sociedade Gastronómica de Gaztaño, un lugar do pobo e para o pobo. A chegada o gran Bukowski de Pasaia, o Flores basco, o seleccionador e capitán da selección de Euskadi de Txirikila recibiu aos galegos cun gran abrazo recordando o Galiza-Euskadi desputado en Ponteareas.
A continuación, o concurso de tortillas de Gaztaño, no que os xuices locais deron voz e voto ao xurado do concurso de tortillas da MilloCorvo-LNB e aceptaron discutir para o vindeiro concurso o premio falso Shaolín a peor tortilla onde o premio serán unhas leitugas para que esa persoa dediquese as ensaladas e non as tortillas.
Acto seguido, nunha gran acción e obra de enxeñería modificouse a fonte do pobo enchufandolle a cañería a un enorme barril de sidra para que durante as festas a fonte so botase sidra. Os billardeiros tomaron como referencia esta fonte durante todo o fin de semana.
Despois foi o acto de entrega de chaves do Caserío-LNB, o albergue que o concello de Errentería cedeu aos billardeiros para o seu aloxamento. Un gran lugar para asentar a base de operacións dos billardeiros galegos para todo o fin de semana e que os motivos económicos do caro que son os aloxamentos na zona non impediran que naide faltase a esta cita coa historia.
Na noite do venres bascos e galegos socializaron entre sidra e concertos festexando o regreso da billarda a Euskadi. As forzas comezaban a escasear e os billardeiros dirixianse ao caserío para descansar para o que sería o día forte.
Pola mañán os activistas da Marea LNB dividironse para visitar o máximo número de lugares e visibilizar a billarda. Un gran acerto. Unha das mellores accións da mañán foi chegar ao lugar no que todo comezou, a praza de Pasaia Donibane, lugar onde se desputou o primeiro aberto de Tkirikila-Billarda nun magosto do Fato Daniel Castelao. Nun pobo dividido con tensións entre San Juan e San Pedro, que todos os que seguen o mundo das traíñas coñecen esa rivalidade a Marea Cantábrica, nunha acción a antiga, cruzou en barco a Bahía de Pasaia unindo a través da billarda ambos pobos. A xente do pobo celebrou esta acción na que se demostrou que a billarda é o único deporte que so une.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgnhAhXUUtXD0mngcT3KLIHQsAztZn6hyphenhyphen18hlplExgmPpUNvlJWTw7KzY22NfzI5ThqXyiDXtK2OqZSEG_E_a-3Hv0w_AXLDQPn2-g5bJ36xqZI1EFoSI23Cutf5YtpcL4Q91xy/s400/EH9.JPG)
Xa pola tarde unha ríada de xente acudiu en masa a chamada da Marea Cantábrica para desputar o aberto de Gaztaño. Rúas cortadas en Errentería e todo o pobo pendente da txirikila. Estaba todo previsto e decorado para a ocasión nunha pista con handicap, como se de golf se tratase, nunha pista en curva propicia para zurdos e nos que a dificultade técnica da pista engadía mais emoción ao aberto.
Pero acertaron os meteorólogos que prevían unha gran tormenta en Errentería, e chegou a tormenta minutos antes de comezar o aberto caendo chuzos de punta e tendo que replantexarse todo o aberto. Pero non é a primeira nin será a última vez que chove e Serxio do Faísca tomou o mando da organización e desaloxou o campo da festa que contaba cunha carpa e puidose desputar o aberto.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixY8ZsxY0-u5-fLR0aWTV8Ezwzm6ogBlYOHKZy9jaV1ZLcEvUcGTvaf3qZa6mUqBBMrM1P9OoNmY3x9xsjf_Pmy2wnL6oZ1bsAqtPQ0AuN5dssgePLn7T1WrQ4FXZPlAeSZUub/s400/EH2.JPG)
O aberto comezou con un aberto infantil no que demostrou que a Txirikila-Billarda ten futuro. A continuación e ante unha marea de xente e unha ríada provocada pola chuvia comezou o Aberto de Gaztaño no que os palanadores galegos dominaron sen nengún tipo de dúbida e demostrando que Txirikila Bai ten un grande traballo se queren chegar ao nivel dos galegos. O Tiago dos mellores tempos refundouse en Euskadi e lembrou a aquel Tiago das grandes victorias nos terreos mais duros e alzouse coa victoria sen nengún palanador aguantando o seu nivel. Segundo foi Carliños de Mondariz, un debutante que é mais do que aparenta a simple vista, e completou o podium o Veterinario Colombiano, convertendo este aberto en multicultural e coa promesa de introducir a billarda en Colombia. O veterinario colombiano so cumpliu dentro da pista, xa que foi o primeiro en abandonar esa noite a expedición botandolle a culpa ao jet lag cando todos sabemos que non deu aguantado o ritmo de vascos e galegos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8f2PC9_vtApILZUIYWNpDbH2VNCGvXiV3GcG3CbX28FZf5N-QRX-Qm_jX97BLXoo04uy9hg6hTIbA6s0AKDEXQbUBX2M3Lz_aMP_9-EH2kLWOojklxUUxAniMu2HftbduHwgQ/s400/EH4.JPG)
Tralo aberto celebrouse unha cea de irmandade na que se sentaron as bases da implantación total de Txirikila Bai por todo Euskadi. Trala cea celebrouse o típico pique de cancións bascas e galegas nos que ambos grupos defenderon coas súas gorxas os cánticos mais populares en ambos países. Trala cea todo o mundo celebrou ao grande o gran regreso da billarda a Euskadi e agora so falta marcar as seguintes datas para que o lume que acendeu a Marea Cantábrica este finde espállese por todo o territorio basco. En Errentería, golpe a golpe, a billarda serviu de altofalante para o achegamento de todos os obxetivos. TXIRIKILA BAI TEN FUTURO.