O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 30, 2015

O XORNAL INDÚ "SCROLL" DESCOBRE GALIZA ÓS SEUS LEITORES ATRAVESO DA BILLARDA CON XOSE COLLAZO COMA REPRESENTANTE DA "GALICIAN BILLARDA ASSOCIATION"!!

















Unha espeluznante conexión internacionalista nos deixa contra as cordas , coa pel de galiña e cos ollos coma pratos . Dende o seu exilio peninsular , Paulo aborixe de Sabucedo e activista LNB ós mandos da referencial Montouto Sound Machine , ponnos sobre a pista dun impactante twitt do corresponsal en Nova Iorke de Antena3 , Jose Antonio Abad, que habitualmente o ves dende Manhattan lanzando as súas crónicas televisivas , sorprende a toda a comunidade twitter cun estalo no que anuncia que a India descobre Galiza por medio da Billarda .
















E faino linkando un espectacular artigo publicado hai só un par de semanas no xornal indio Scroll no que un se describe o brutal impacto que supuxo para o xornanista indio de visita en Compostela atoparse cun guerrilheiro do palán chamado Xose Collazo Regueiro.


















Fai tan só uns días Collazo estivo en Vián ( A Pastoriza ) desputando o gran Aberto da Bola de Liscos mais despois diste impactante documento na prensa indú , o activista da Laracha ten xa un pé na terra e outro na India e Pakistán....

















De leitura obrigatoria o artigo do Scroll amosa o tremendo impacto para o xornalista Indú que supuxo atopar nas rúas da Galiza un deporte irmán do popular Gilli Danda e un deportista coma Collazo que coa forza e disposión da "Galician Billarda Association" se atreven a desafíar incluso a supremacia colonial do futbol, basket, tenis ou padel...


Solidaridade Intenacionalista dende a Laracha a Bombai para que a alianza anti-colonial entre a Billarda e o Gilli Danda estoure en cada un dos golpexos da madeira contra a madeira na Galiza , a India e Pakistan...Gilli Danda Sempre, Adiante co Varal!!

UNHA BOLA DE LISCOS QUE INXECTA XENTE E VIDA EN VIÁN E DONDE QUEIRA QUE AS BILLARDAS CHAMEN POLOS POLÁNS!!

















Bautismo Billardeiro de sangue e liscos en Vián , a LNB aterraba por primeira vez no espectacular campo de futbol gaélico diste microcosmos chairego autoxestionado polos Cruzad@s e alí coa herva e a brisa coma testigos Markitos dos Billardeiros Musicais levou a bola de Liscos coma campión absolutos e os Cadaval rachaban a mala racha facéndose coa bola de liscos que os acredita coma campións na categoría de franquicias . NOn pode haber mellor resumo dista xornada e de todo o que implica ser un activista LNB que o estalo que o gran palanador de Troitas Bravas , Xosé Regueiro,  verqueu no seu facebook persoal para ilustrar o colpaso de sensación vividas en Vián>> Onte foi unha gran tarde de billarda. No persoal non quedei moi contento polo meu xogo nin polo resultado pero gustoume moito ver o campo de fútbol de Vián cheo de xente e de vida. Gracias ao equipo Cruzados por facelo posible. Moi bo traballo Rubén, Paula, Tonecho e Lorena. Sodes moi grandes!!!

quinta-feira, março 26, 2015

DE FIGUEIRIDO A VIÁN... ADIANTE A BILLARDA E A LIBERACIÓN ALIMENTAR!!
















Iste pasado sábado os activistas da Conf. RíasBaixas abríron en Vilaboa o gran saco dos tronos da liberacion alimentar cunha explosiva bandexa de trofeos , Xamóns , cacheiras , pancetas e chourizos invadiron o campo da feira de Figueirido...













disparando só co seu arrecendo todos os mais primarios instindos dos salvaxes palanadores e palanadoras da LNB, un brutal estímulo primario que iste sábado vai estouran tamén en cada varado no agardadísmo I Aberto da Bolo de Liscos en Vián na Pastoriza. Unha acción coordinada pola referencial franquicia local dos Cruzad@s que con iste gran barreno billardeiro cintinúan abrindo fenda na gran canteira chairega...billarda sempre , adiante a liberacion alimentar!!  

sábado, março 21, 2015

BILLARDA SEMPRE , ADIANTE COA MARRA E CO PALÁN!!

















Despois do brutal tsunami billardeiro que azoutou a gravilla batida do aparcadoiro do Cruceiro no pasado Billarda All Stars_2015 , volta á máis raibosa actualidade iste poema visual realizado polo referencial activista da Conf. Sur Xoan Pinto nas instalacions do Auschwich cultural de Compostela donde a LNB durante a anti-asemblea do All Stars apostou firmemente por continuar coa teima de realizar alí a explosiva edicion do Play Off Nacional_2015 , seria a presenza da LNB un maxistral xeito de intervencion contra-cultural  para denunciar o xenocidio deportivo e vital no mais lamentábel dos mausoleos que o Fraguismo
nos deixou por herdanza...




















E mentras que preparamos as billardas , paláns e marras para afrontar o  vindeiro Play Off Nacional , sexa na Cidade da Tortura , no mítico campo de terra de Conxo...ou donde Mario e o seu equipo de alebrestrados sherpas nos guíen,ampo  iste domingo no Campo da Feira de Paiosaco ( Laracha ) tes unha nova cita apartires das 11 h, da maña´coa vértixe billardeira nun novo Aberto puntuábel na poderosa Conferencial Noroeste....Billarda Sempre , Adiante coa Marra e co palán!!

domingo, março 15, 2015

A CONF. CENTRO RACHA O SELENCIO COA MAXISTRAL XESTIÓN DUN ESPECTACULAR BILLARDA ALL STARS 2015!!



















A vertixe dunha tempada e dunha filosofía de acción escorrega nunha máxica visión que se transmuta na metáfora perfecta do que a LNB e o chan que pisa é...son moitos os putos concellos diste puto país nos que a disposición dunha pista de xogo conleva mutiples problemas , o firme da pista que coa practica da billarda pode rachar o "parqué"  ou que a utilizacion das instalacions municiapis leva ten un custe polo que a LNB tería que pagar ...niste All Stars 2015 a LNB utilizou de novo un firme cunha contundencia brutal , compartido con autónomos camioneiros que utilizan a pista coma aparcadoiro e lugar de intermediacion loxistica...



















Unha pista e un firme a do Cruceiro do Pino maxistralmente tratado polo transito dos camións dos irmáns autónomos que coma a LNB son alpurrados e aldraxados pola administracion galega...


















Arrincou a mañá cos bafos e raiolas do sol dos golpexos no concurso de Habilidades que sofocou por igual a tod@s os activistas LNB que iste sábado 14 de Marzal se daban cita nas podeorosas terras da Conf. Centro para ouvear de novo alto e claro ó carón da estrada que un outro destorto nacional era imposíbel!!




















A hora do vermut e despois das habilidades demostradas co paán e co vaso para misturar o martini escuro e branco , na pista de xogo , antes do xantar , desputouse cun ollo posto no varal e outro no prato o xa mítico concurso de Varados


















No areal dos nosos pratos poldro e un sorriso no espello dos nosos paláns durante o gran xantar de irmandade , unha espectacular mesa All Stars...



















cruzou o país de beira a beira e da porta ó fondo do restaurante O Cruceiro ,  o mantel e a louza sobre a que relinchaba e couceaba o cabalo maxitralmente cociñado polo chef do Cruceiro era o marco perfecto para que os barrenos estourasen entre os nosos dentes...



















Ninguén coñece as nubes da paixón mais os indicadores despois das máxicas brebaxes do espectacular xnatar de irmandade LNB  indicaron a nosa poderosa Abu Dabhi particular...





















Isa na que durante o partido das estrelas os activistas LNB prenderon e comeron e corda da chama que conduce á bomba da paixón que cada un de nós leva aderida ó noso peito...




















Bombas e Foghetes que estouraron a alumearon de xeito natural o lusco e fusco da Conferencia Centro unha vez rematado o Aberto das estrelas coa desputa do mítico concurso de mates diste gran Billarda All Stars 2015



















Os auténticos vencedores , Furalodos , Trouleiros e toda a xente da Conf. Centro que grazas á súa xestion foi posíbel a celebracion diste xa histórico Billarda All Stars 2015 ,  co que demostraron unha vez máis toda a súa valía e implicación total co gran proxecto de transformacion deportivo e social que é a LNB.  E dispois dunha máxica xornada de loita e festa no podium do All Stars saíu un rego de orgulloso leite e centeo  : VARADOS : Janma,lua de Forza. / TRIPLAS : Salva,corredoiras. / Mates : Luis Camiña,gharaboto / Cachucha do Aberto All Stars 2015  : Xan,Lua de Forza . _  Rabos , orellas , cahuchas e uñas ...unha conxura brutal a do All Stars que acende o lume cara á gran confurnada pangalica nos furanchos de Xil  no vindeiro Xerro do Salnés 2015!!

sexta-feira, março 13, 2015

A CONF. CENTRO ACOLLE O BILLARDA ALL STARS 2015!!



















Unha vez mais as estrelas abandoan o firmamento e por un só día pousan os pes na terra , unha terra firme e alebrestrada semenada polo firme golpexo dos Furabolos e Trouleiros , dúas referenciais equipas da ista tempada durminte Conf. Centro , que cos fachos , lostregos e foguetes do Billarda All Stars 2015 voltarán  incendiar as súas billardas coa mecha acesa dos seus paláns. A cita iste sábado dinate do Hostal O Cruceiro do Pino dende as 12 h, concurso de varados-habilidades , concurso de mates , xantar cabalar de irmandade e posteriormente a iso das 16:30 partido das estrelas... a pola Cachucha do All Stars 2015!!   

terça-feira, março 10, 2015

BILLARDA ALL STARS 2015 >> CACHUCHAS , RABOS E UÑAS A PROL DA SUPERVIVENCIA E AUTOSUFICIENCIA DA ECONOMÍA E CULTURA GALEGA DE SEU!!














Un dos intres históricos para a familia Gasol foi o chimpo en Nova Iorque dos dous irmáns para arrincar o partido do All Stars NBA 2015 , unha foto que de seguro quedará á altura do betún cando iste sábado no mítico campo fronte ó restaurante o Cruceiro do Pino estouren os foguetes , as potas e as tixolas no inicio dunha nova edición do Billarda All Stars que reunirá fronte ó mesmo Varal ás grandes estrelas do universo LNB para derrochar espectáculo e emocion a presadas...




















Unha bandexa de rabos para o campión do concurso de Tripas-habilidades , unha bandexa de uñas de porco para o campión de mates e unha espectacular Cachucha para o vencedor ou vencedora do gran Aberto das Estrelas . Non pode haber maior gloria para un palanador ou palanadora da LNB que levar para a casa e compartir iste poderosos e intrasferíbeis trofeios que simbolizan a supervivencia e a autosuficiencia do cultura e economía galega de seu...Billarda Sempre , Adiante co All Stras Indíxena!!

sábado, março 07, 2015

GALIZA , SUBCAMPIOA MUNDIAL DE FUTBOL GAÉLICO EN ABU DHABI!!














Dende a LNB feixadas de parabéns para os irmáns da gaélica que acaban de conqueir un flamante segundo posto no mundial da especialidade nas lenxanas terras do golfo pérsico , Sucumirón na final frente a unha poderosa Arxentina por un axustado 7-4 mais sen súbida  aparticipacion da absoluta masculina e femenina niste mundial coam equipas oficiais ó carón de sudáfrica ou canadá enchen os nosos peitos e corazóns dun vento de victoria e orgullo que nunca antes experimentaramos..Billarda Sempre , Adiante coa Seleccion Galega de Gaélico!! >> Aki o espectacular crónico de Praza

sexta-feira, março 06, 2015

AVANTE AS CACHUCHAS , AS CACHIZAS DE PIAS E A BILLARDA EXTREMA DE COTOBADE!!

















Foi iste pasado xoves na mítica Taberna de Lola  un estrafalario grupo ( como os denominou o gran palanador dos Remourlle Bulls Muriego) se reuniu e conxurou en torno á espectacular cachucha que o gran activista billardeiro de Tapia conqueriu con uñas e dentes no pasado Abertinho do San Rosendo celebrado en San Miguel de Reinante. Unha conxura no presente para conquistar outra cachucha no futuro inmediato do vindeiro Billarda All Stars a celebrar no Pino terra mae dos Furabolos e Troulerios que están preparados para á luz das estrelas do concurso de mates e habilidades espertar do seu letargo dista tempada.



















ddd  As cachuchas non parán e tampouco o fai a competicion regular iste find. de semana pese a que moitos ollos da LNB , e da conferencial RíasBaixas particular , están postos no terreo de xogo de AbuDabi donde a selección galega de futbol gaélico está a competir maxistralmente no mundial da disciplina. A cita puntuiábel será iste sábado en Cotobade....non te cortes e prepárate para unha experiencia extrema!!



















E mentras varios activistas da Conf. Sur iste sábado acudirán a apoiar os indíxenas da Cachiza nun espectacular Torneo na Alameda de Pías , espectacular e informacion e anílise no facebook oficial do Sur sobre ista civilizacion Cachiza orixinarial e orixinaria de Pias >> Claro! tamén existe a billarda (cachiza, pincha, liriu, estornela, lipe, pateiro...) fora da LNB. De feito en Pías, concello do Rosal, hai xa nove anos, cando a LNB comezaba a andar, xa competían neste nobre deporte.
Por iso convidamos a tódolos palanadores a achegarse ata o Rosal para entrar en contacto con estes aborixes do Baixo minho e desfrutar dunha tarde de sol e billarda dun xeito distinto.
Avante LNB, Avante PÍAS!
 

segunda-feira, março 02, 2015

BILLARDEIROS E CADAVAL ARRASAN EN CADANSEU ABERTO EN SAN MIGUEL E LUGO Á ESPERA DE VERSE AS CARAS NA PASTORIZA NO GRAN ABERTO DOS CRUZAD@S!!


















Un lusco e fusco de Amor e Libertade no que unha vez máis os comboios de Lume de Xeo da LNB e os de Nao se cruzaron baixo o teito do pazo de congresos e feiras de Lugo . Amos , o batería dos Nao  guiado por Rodrigo e Isma , decidíu dar un novo paso ó fronte e quentou as bonecas co palán e a billarda para a renglón seguido subir é esceario azoutar a caixa , o bombo e os platiños...



















E co esceario tamén coma telón de fondo activistas mariñans da LNB achegáronse raudos e veloces á chamada da comisión e do seleccionador nacional a San Miguel de Reinante para a desputa da nova edicion do selecto Aberto das Festas do San Rosendo do que o gran palanador des Billardeiros Musicais Coedo saíu vencedor absoluto-  














E ó día seguinte, domingo ,  a refencial conferencia Noroeste tiraba cara Choris ( Carballo ) para a celebracion dunha nova enganchada puntuábel :
Campión:Luís Camiña.
Campiona feminina:Geni.
Campiona infantil:Rediet.
Segundo absoluto e campión de "Varados":Xosé Collazo.


















E voltando a Lugo nas Quinibillarda previas ó Aberto prevíase por mor da non asistencia de nengun membro de Billardeiros Musicais , que os palanadores de Cadaval arrasan con todo e con todos pese ás grandes estrelas LNB que había entre os case medio cento de participantes no Aberto da Candelaria . Pois os pronósticos fixéronse realidade :1. Kiko 2. Luis 3.Guti 4. Carlinhos Xenderal .Billarda Sempre , na Candeloria en cada unha  das festas e festiviais!!