Din que o xonralismo actual non se pode entender sen a redes sociais , pero menos se entende ainda a Billarda contemporaneoa sen o uso do Twitter , nista impactante imaxe podemos ver ó gran palanador de Tropa Lixeira
Ricar comunicandose pola rede dos 140 caracteres co espectacular bonito sostido polo Al-Pachino da LNB , o actor e piloto profesional
Kaskarilhas.
Un aberto o que Burela co que se rachaba a botella de licor Café contra o batuxo da LNB NorLeste e que servía tamén de bautismo de sangue billardeiro para anova franquicia LNB da Vila , Os Xebr@s , a serpe multicor recibíu cos brazos Abertos ós xa considerdos coma os
Anti-Cristos da LNB!!
Aínda que era no peirao de Burela donde se ía realizar o Aberto os chuzos de punta e a maxistral xestion dos irmans de Buril e da LNB conduciron os nosos varados ó Pavillón do Colexio dos Castros.
Unhas instalacions fenomenais que posibilidaban incluso que os palanadores e palanadoras como fixeron os Xebr@s , puideran exercitarse nunha pista de adestramentos antes de entrar en competeición. Histórica imaxe duns dos palanadores de Xebra probando un golpexo con efecto greencore apoiado poloa máxia dixitadora e a intuición salvaxe do Komanadante.
A pista da LNB en Burela converteuse nun auténtico palleiro de inquedanzas contra-culturais , impresionante imaxe distes dous creadores cuxo río Eo une e afoga os seus paláns e billardas da LNB nunha mesma loita contra unha Banda Escrita e Deseñada Establecida.
A tension acumulada íase acumulando en cada golpexo , a tarde prometía con polémicas e impulsos contidos converteron o Pavillón dos Castros nun dos espazos xa referencias das estancias LNB da Conferencia NorLeste.
E de Costa a Costa xa que a pé de pista un dos palanadaores de Gharabotos xestionaba a distancia a posíbel utilizacion do palán ó día seguinte nas inmediacions de Balaídos para conter ós embites feixistas dos siareiros de Elxe. Cremos moi axeitado por parte do irmáns Celtarras a utilizacion de material LNB coma arma de ataque mais igual os paláns os teñen que utilizar para racharlle de novo o tabique nasal a ise asturiano e toda a súa troupe de mercenarios que teñen sentados en sillóns de ouro lixando o banquiño celtiña.
Un aberto multitudinario que dexou ás claras como as gasta a conferencia norleste , estreas por todo o alto coma a do palandor de
Carabullo Santi , que xunto con
Juan de Billardeiros Musicais ocuparon o terceiro e segundo posto respectivamente...
nun pódium presidido polo gran palandor e twitteiro Richar dos Tropa Lixeira de Meira, brutal entrega de premios realizada polo noso selecionador nacional Flores que tivo que mover o ceo e a terra para que Richar abrazara o impresionante exemplar de máis de 12 kg de Bonito xestinado polos irmans de Buril . ö final o gran campión rematou con escamas pola cabeza e levando o peixe para a casa nunha bolsa doada polo planador da Ekipa Bítere Mondoñedo que estivo a piques de colarse na finalísima polo peixe mais a mala sorte foi a súa aliada nas dúas ultimas carreiras.
E se da alinzas en Burela se ten que falar a de Xebra , Buril e a LNB desembocou nun explosivo concerto de Punk Rock Indíxena no lusco e fusco dun día histórico . Sobre o esceario da sala Xebra
Ex-Tension Agraria e o
Komandante e no interor dos vasos o máxico Grogue, ron cabo verdián, doado polas irmáns de Tabuko Rebentola..
.Billarda e Indixenismo no Castañazo , Adiante co Varal!!