O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 05, 2012

ABERTO DE BILLARDA DO CASTAÑAZO-ROCK E POSTERIOR ESPECTACULAR VICTORIA DA EKIPA-LNB NOS BRUTAIS XOGOS BRAVÚS....AVANTE A TROPA DA TRALLA!!


















Cun un equipazo así pódese chegar moi lonxe!!! Demóstrano cada find nas pistas de billarda do país adiante e demostrárono iste sábado en Chantada conquistando o título absoluto nos xogos bravús dista xamítica edicion do Castañazo Rock . Décima edicion diste brutal tsunami bravú que coincidíu co primeiro aniversario do falecemento de Calvete . o gran referente nacional do deporte da billarda , transmision de forzas dende o máis alto de Barreiros que empurraron á Ekipa-LNB ( Billardeir@s ) a inscribir xa por méritos propios o seu nome no olimpo bravú e non podís expresalo mellor que as verbas o gran referente indixenista-billardeiro chamado Toño Randeeira >> O Castañazo resiste! O Varal e a LNB resiste! Non hai sombras tan longas para tapar. Chegará un día que alguén presente un tese doutoral sobre o fenómeno bilharda.










Unha invasion billardeira no Castañazo que arrincou a iso das 17:30 h. da tarde cun bulir de palanadoras e palanadores desexosos de arrincar a festa co palán e as primeiras cervexas na mán...
















Un dos feitos que maís están a prender nos Aberto e non foi o de Chantada unha excepción , é a crecente presenza de palanadoras participando de xeito activo tando na competición coma na propria xestión do Aberto.
















Ismael de Carabullo, un dos máximos culpábeis do actual e irremediábel xiro punk dentro e fóra das pistas na que a  LNB está engulida foi tamén CÚLPÁBEL máximo que a Ekipa-LNB conseguira o xa histórico triunfo nos xogos bravús facéndose dun xeito maxistral  esquivando  patadas , empurróns e trampulladas.. coa victoria na durísima proba de atletismo bravú na que vencía o que chegara o último....é o momento Eskorbuto e Ismael ó parlamento!!

















Moi destacábel unha vez máis  a presenza de xoves promesas billardeiras , dende logo abertos coma o do CastañazoRock fan de contrapunto a un sisterma educativo galego que crea auténticos monstruos desleigados cuxo único destino son a macrofestas-matadoiro coma a do Madrid Arena , a billarda non interesa incluila en negún ciclo educativo porque implica erguer a testa e o puño ollando o horizonte, fai polo tanto ós rapaces pensar por si mesmos , un delito hoxe penado con cadea.
















Ambientazo e moita leria para tentar concretar isa tan desexado asentamento definitivo da accion billeira no sul de lugo conectado co poderoso eixo Ourense representado no Aberto de Chantada por ise furacán chamado Lito. 
















Unha vez máis Luis Camiña , o bravo palanador de Gharaboto exerceu a súa maxistral funcion de foto-xornalista de guerra lanzando tan só unha horas despois de rematado o Aberto un maxistral album no que a imaxes falan por si mesmas mais para enfatizar a mensaxe Luis dista volta envía un micro-crónico-bravú da intensa Gharabotada en Chantada >> Fantástica viaxe dende O Morrazo para Chantada, na compaña de Cheli, Outeiro e Chefa. Fixemo-la ruta polo Carballiño,  Cea, A Grela, Covas, Porto Amieiro, San Martiño, Tolda, e para para xantar  A Barrela.  Recomendo o restaurante do "Hotel Rio Bubal". Boa carne,  bo servizo, unha chea de comida e bo prezo. Que máis se lle pode pedir aos entratantes dun aberto de billarada e Castañazo Rock en Chantada? As fotos falan por si só, moita muller no aberto e tamén nenos. Un rapaz que xogaba por primeira vez, cando bateu na billarda díxome    COMO MOLA !  
















Décima edición do Castañazo con victoria de Fernando dos Treze-Catorce no Aberto de Billarda.. de seguro haberá moitas máis de mil edicions máis diste referencial  festival na terra sen capar de Chantada e en todas elas a LNB estará presente. porque como escribíu o gran palanador dos Filloas de Sangue David Fontan no seu referencial artigo "rock bravú-arredor de si" do  Compostimes ..quén di que o rock bravú está desfasado? Longa vida ó rock bravú e á billarda!!