O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 30, 2012

COA PINCHA ENTRE OS DENTES A TRIBO CACHIZA INVADE BUEU E ARRASA CONTODO!!
















Iste sábado a Conferencia Sur voltou á acción e fíxoo no espectacular campo da Estacada de Bueu , alí foi donde o palanador neandertal cunha billarda entre os dentes e con aterradores berros guturias saíndo da súa gorxa liderou á sempre perigosa e impredecíbel cun palán entre as mans ou entre as pernas tribo Cachiza
















Acompañou a tarde e a implicación absoluta duns palanadores e palanadoras da Conferencia Sur que despois do exitazo do Aberto de Cuntis e da Cut en Vigo da fin de semana anteriro chegaban a Bueu con gañas de botarse á terra batida da estacada para invadir coa súa firme carraxe billardeira os Varal e todo o que se puxera por diante...
















Como aconteceu a find pasada en trazo no Aberto da Conf. Centro coa reenganchada á competición dunha franquicia mítica da LNB en Compostela como é a Gentalha do Pichel , a Bueu retornaron tamén e coas pilas ben carregadas os irmáns da Ghudalha que xa estiveran en Vigo no Aberto da Cut tamando impulso..
















Un impulso que de novo puxo en marcha ise tsunami mediático chamado Radio Cabaliño que despois das lamanetábeis abaneos co mainstring nun festival en Boimorto voltaron ó rego da crúa realidade e do sufrimento  que son os Abertos da LNB. Impresionate a maxistral xestion de Manuel Outeiro e de toda a súa equipa que fixeron posíbel a nova xeira billardeira en Bueu e impresionante tamén a dóbel acción coma locutor cru e varadista do Croceiro Nacional que tirou polo chan ise dito de ovella que fala varado que perde...
















Un podium de luxo para un Aberto que deixa semente de victoria tanto nos máis de medio cento dos seus participantes coma nos milleiros de ollos postos dende o mundo enteiro, como dicían na bola de Cristal e recordou iste pasado venres na emisión pirata de CarneCruda - só non podes , con amigos si...Bueu Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, setembro 28, 2012

PINCHAS Ó ASPETO NA ESTACADA DE BUEU E CARNE CRÚA DENDE UN ZULO DE VALLEKAS!!






















Todo preparado en Bueu para apartires das 16:30 h ceibar a bomba de neutróns billardeiros  no Multiusos da Estacada donde a tribo da Conferendia Sur , apoiando as verbas e a acción nuclear do gran presidente iraní Mahmud Ahmadinejad , vai iniciar a súa infernal e suicida carreira armamentística nista combulsa e apaixoante tempada  2012-13 que agora empeza / Info e Inscripción>> 658.491908


CARNE CRÚA >> COSTILLETAS-BOMBA , COITELOS E SANGUE A REGOS NA DERRADEIRA EMISIÓN EN CLAVE PIRATA DENDE RADIO VALLEKAS!!


















E ista tarde dende o zulo dos estudos de Radio Vallekas , Crudo,  o locutor expulsado polo Arias Navarro que actualemte dirixe Radio3 e que executou sen inmutarse purga ordeada polo actual goberno do home-faria en Nova Iorque , sairá hoxe de novo ó ar dende as 18 h ás 20 h para lanzar a costilleta-bomba de despedida que a dirección de radio3 lle negou cando cortaron a emisión do absolutamente referencial  programa de radio Carne Cruda. A emision ao vivo poderase segurir pola Rede de Medios Comunitarios entre a que se atopa as emisoras irmáns na Galiza da CuacFM  , Radio Filispín e Radio Roncudo..impedíbel pois iste estalo de coitelos e sangue a regos que se non podes pillar en directo depois poderás sentir en podcast xa que antes da súa emision xa se fala dun dos fitos históricos da comunicación alternativa no estado español...Carne Cruda Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, setembro 27, 2012

BUEU PREPARASE PARA ACOLLER Á TRIBO CACHIZA NO ARRINQUE DA COMPETICIÓN NA CONF. SUR!!


Na Conferencia Sur afían xa as pinchas e cahizas para iste sábado 29 en Bueu arrincar a competición regular e para que naide se despiste os seus video-palanadores lanzan iste novo xostregazo en forma de incendiario estalo no que os paláns subían como as balas na procura dun obxectivo quente- A cita será ás 16:30 h  no campo Multiusos da Estacada e se chove está o Pavillón do Beluso disposto a acoller baixo o seu teito a toda a serpe multicor da Cachiza.. Contacto directo>> 658.491908


















Unha fronte audiovisual da LNB totalmente activa niste tempos de conmoción e ruptura social que iste pasado sábado en Burela artellou o que será un auténtico fito histórico coa primeira cooproduccion galego-caboverdiá na que unha billarda impulsada pola debutante palanadora burelesa Antía chegará dende a pista do Ceip Vista Alegre ás ardentes terras do continente africano, todo elo contado e narrado de xeito maxistral por Senin, o activista Laranxa do Buril que enganchou polo pescozo ó cantate de Ex_tension Agraria para tentar de impulsar a irrupcion dista gran banda galego-arxina-billardeira nun tour polo gran continente mouro...Cabo Verde Sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, setembro 26, 2012

PARA OS COELLOS NON ...A CARICIA DO PALÁN PARA OS DEPUTADOS , POLICÍAS E IMPUTADOS!!


















Un palanador ou planadora da LNB cando acode a unha Aberto de Billarda faino para atoparse e compartir espazo e inquietudes con homes e mulleres da mesma especie mais de moi diferente pelaxe ideofóxica , iso aconteceu por exemplo o pasado sábado en Cuntis , Burela ou Trazo e no Bar O Xeitoso de Castrillón donde se ultimaron os parámetros para o inico da acción na Conf. Noroeste e vai acontecer iste próximo sábado en Bueu no primeiro Aberto puntuábel da incendiaria Conferencial Sul  agora máis ca nunca nun intre de absoluta combulsion social no que os partidos políticos demostraron a súa total  ineficacia , as pistas da LNB teñen que servir ademáis da xestion de varados para exercer tamén de plataforma dende as que reforzar e asentar os pilares dunha resposta popular en marcha contra unha estructura absoleta de poder que representa ista falsa democracia que moi pronto dun outro xeito vai saltar polos aires...










E mentras varios membros da nova franquicia ExTension Bilharda traballan na primeria cooproducción audiovisual billardeira Galego-CaboVerdiá , os membros da súa división sonora xa entenderon a mensaxe e convertiron o pasado martes o seu local de ensaio nun vivo foro de debate sobre a situación político-social de ruptura na que como pobo todos estamos inmersos. Colle o palán e a por eles!!  

terça-feira, setembro 25, 2012

ABERTO DE CUNTIS...ACTIVISTAS LNB NO ALBARIÑOS AFERRADOS Ó PALÁN COMA SE AGARRA UN CRAVO ARDENTE!!
















Cuntis como o resto dos campos da LNB ista fin de semana foi un auténtico tsunami de intensidades compartidas , e para mostra o espectacular crónico do Aberto verquido no referencial web-blog do Fervedoiro no que se achegas as orellas á pantalla podes incluso sentir o furioso bruar das billardas sobrevoando o campo dos Albariños que grazas á maxistral acción de acondicionamento do Fervedoiro voltou a lucir explendoroso rachando así co lamentábel estado de conservación ó que o somete durante todo o ano o concello de Cuntis. Multitudinaria xornada de irmandade que arrincou pola mañá e continuou cun espectacular xantar de confraternidade para rematar cunha nova edición do xa referencial Aberto de Cuntis que sobrepasou o medio cento de inscritos e deixou coma o Fervedoiro deixa sempre en cada unha das súas accións que emprende...Semente de Victoria!!

segunda-feira, setembro 24, 2012

BILLIE JOE - DEIXÁDEME UN PALÁN QUE OS MATO!!



Un minuto , pensa na pila de cousas que podes facer nun minuto....bikotear o unicio dun partido de futbol cortando os cables da luz , ocupar o congreso ou o parlamentinho para escupirlle ou pegarlles un par de ostias "ás súas" señorías , ou incluso facer ise Varado que che troque a vida e te convirta en campion ou campioa dise Aberto soñado que che abra as portas do olimpo billardeiro ...algo asi tivo que pensar o cantante de Green Day cando lle cominicaron polo moitor de pantalla que só lles restaba un minuto para rematar a actuación nun festival para dar acollida ós artistas de R&B ...nun intre no que os irmáns do Castañazo Rock de Chantada fixeron público xa o cartaz do festival cos Diplomáticos , Rastreros , Papaqueixos e Cuchufellos como grandes reclamos ó carón do sempre explosivo Aberto de Billarda coma punta de lanza dos brutais xogos Bravús igual é tempo que os organizadores pensen na recuperación do mítico concurso de xuramentos, Banda Sonora para o cal Green Day e Ex_Tension Agraria + gadanheiros da LNB serían os grupos perfectos.


















Banda Sonora da LNB que os palanadores e palanadoras co inicio da tempara regular fan resoar en tódolos frontes coa interacción nos medios de ambito local , nacional , dixital ou internacional , nunha man o palán e noutra a lanzadeira para enviar crónicos, fotos ou videos dende as pistas de xogo ás redes sociais e ós medios ós que teñas acceso . Dioivo , Crónica 3 , Novas da Galiza...continúan coa intensa interacción billardeira é por ise desexo da libre expresión polo que moitos palanadores e palanadoras denunciaron fai unhas semanas a eliminación de Carne Cruda o  xa mítico programa que se emitía pola frecuencia de Radio3 que iste vindeiro venres vai voltar ás ondas pero na rede de radio alternativas entre a que se atopa os irmáns da CuacFM , emisora aldraxada pola Xunta na concesión de licencias polo que a Conf.Noroeste na seu incio en Culleredo xa ten preparado o lanzamento dunhas billlardas solidarias coa CuacFM berce nos seus estudos da Zapateira da brutal irrupción billardeira na Coruña e no país enteiro...CuacFM Sempre, Adiante co Varal!!

domingo, setembro 23, 2012

AVANTE BILLARDA.... A TERRA E O MAR SABE A LOITA!!


















Arrincou unha nova xeira regular na Conferencia Mae e fixoo como xa é norma dende fai uns anos en Burela  da man dos irmáns do Buril cos que sincrinizamos de novo os reloxos pola hora natual galega nun mar de intensiadades compartidas que chegou ó seu culmen coa pequena apresentación a pé de pista do espectacular libro sobre a Loita Agraria Galega escrito polo histórico activista do SLG Emilio López ( Milucho ) páxinas nas que ademáis apercen palanadores  de diferentes franquicias da Norleste.

















Accion de ataque frontal o que ista tarde de sábado puxo en marcha a LNB que fixo que os irmáns do FERVEDEOIRO convertera o espectacular campo de Os Albariños de Cuntis nunha auténtica ola a presión de billardas e palanadores buscando O Varal coa forza dun xabarín ferido.


















A LNB estreou esceario na vila de Burela , un mar,  O Ceip Vista Alegre , perfecto para que o gran batuxo billardeiro volte en vindeiras edicións ceibar o anzó na caza do espectacular exemplar de Bonito do Norte..
















E en terras do sur , pendentes do acontecido no Aberto da cachiza de Bueu e do Cultura Proletaria de Vigo , temos que refregar os ollos ante o exitazo acontecido en Cuntis , donde o gañador do Aberto foi Luis Camiña , dato isto de escasa importancia cando a segunda edición do Aberto de Cuntis e a súa posterior e explosiva foliada fan diste torneo un estalo absolutamente referencial para todo o resto da tribo billardeira.



















Mentras en Cuntis de vacían as botellas para celebrar o éxito en Burela se prepara a tixola para que Eric, o gran palanador de Os Outros , poida saborear o espectacular exemplar de Bonito que o acompañou na seu retorno á casa despois da súa gran vistoria fronte a dous finalistas de máximo nivel como foron Martinho dos Remourlle Bulls coma 2º e Richard de Tropa-Lixieira 3º , que obrigou ó palanador de ribadeo a facer dous varados para subir o peixe abordo...Viño e Bonito Sempre, avante co varal!! 

sexta-feira, setembro 21, 2012

CANDO A ESTORNELA ATRAVESA OS CORAZÓNS A PAIXÓN INVÁDE O FERVEDOIRO ENTEIRO!!



































COLLE A BILLARDA ENTRE OS DENTES E BÓTATE FÓRA DE ÓRBITA...SÁBADO 22 >>

2º ABERTO VILA DO BAÑO DE CUNTIS..
fervedoiro sempre!!
  • 12 horaspartido amigábel entre asociacións da comarca no pavillón municipal da vila do Baño.
  • 12.30 horasxogos tradicionais nos Albariños. Haberá ao longo de todo o día para desfrute de cativos e maiores.
  • 14.30 horasxantar popular. Prezo: 12 euros, para facer a túa reserva ponte en contacto a través do correo ofervedoiro@hotmail.com. O prazo remata o xoves 20.
  • 16.30 horas; comezo do II Aberto de Billarda de Cuntis.
  • Dende o mediodía, e tamén para pór o peche a xornada, contaremos coa música dos «Cangrexeiros de Taragoña«
Contacto>> 628.524.458

BURELA>> ABERTO DO BONITO!!





















Contacto>> 605.316896


BUEU >> ABERTO DA CACHIZA!!






















Contacto>> 658.491908


VIGO >> ABERTO DA CULTURA PROLETARIA!!















Contacto>> 647.190789

DOMINGO - TRAZO >> ABERTO DA VILAUCHÁ!!






















Contacto>> 654.232108

DOMINGO>> ABERTO DE PIÑEIRA ( RIBADEO ) 






















E que mellor fin de etapa que un explosivo Aberto no marco das festas na parroquia ribadense de Piñeira para amortiguar con Varados os efectos do gran xantar e sesión vermú. Contacto: 636.843377 - Billarda Sempre , Racha co Adival!!

quinta-feira, setembro 20, 2012

LNB2012-13...NON TE RESISTAS , ISTA TEMPADA CEIVA O ANIMAL QUE LEVAS DENTRO!!



No inico dos tempos coma no incio de cada tempada da LNB sáe do teu interior o máis primario do teu ser que te perseguirá durante toda a infinita xeira de Abertos ate desembocar na gran loita final no teatro dos soños do Play Off Nacional coa Coroza da LNB coma único testigo mudo. A coiuntura actual de perversión e persecusión da civilización billardeira leva a revirarnos de xeito frontal contra as estructuras represivas da tecnoloxía que representan os milleiros de gadgets  e reivindicar coa billarda entre os dentes ,  o palán na man mais o peito ó ar e as guedellas ó vento a práctica da billarda coma único xeito cara liberación persoal, racional  e nacional niste contexto actual de aramios de espiños que delimitan os campos de concentración invisíbeis nos que cada un de nós habitamos. A tribo-pincha dos Malditos Bastardos volta a amosarnos niste explosivo video-estalo que o único camiño para ista gran aventura da LNB2012-13 é a volta ás actitudes máis radicalemente primarias e ancestrais dentro e fóra da pista. LNB2012-13...Non te resistas , Ceiva o animal que levas dentro!!

quarta-feira, setembro 19, 2012

"BONITO E BILLARDA É" A GERRILHA CONTRACULTURAL DA LNB XA TEN UN NOVO FRONTE!!



















Nunca antes sucedeu o que iste vindeiro sábadO no arrinque da competIción regular en Burela vai acontecer...sincronizade os reloxos pola hora galega dos irmáns do bURIL porque a pista da LNB ademáis dun Territorio Galego Ceive vai converterse nun brutal espazo artístico no que a maxistral obra "Bonito-Billarda é" que estades a ver perpetrada polo palanador Muriego dos Remourelle Bulls vai tomar vida propia cos xostregazos do incombustíbel aborixe do EoNavia . Paláns en alto na nova edición do Aberto do Bonito donde tamén se apresentará a nova xeira da publicación O Bruar dos Bulls e atención porque se quedas con fame ó día seguinte en Piñeira ( Ribadeo ) confirmouse un novo Aberto apartires das 17 h . con espectaculares premios niste torneo non puntuábel pero si extremadamente apetecíbel!!

CONFERENCIA SUR...PREVENIDOS, ACCIÓN!!


















E moita atención porque donde tamén andan ó bonito é na conferencia Sur que ista tarde de mércores segundo o ultimo parte policial puido verse a un comando de palanadores mercando plantilina nos arrabaldos de vigo polo que é moi posíbel que se iste noite conectas co seu web-blog che estoure nos fuciños o explosivo audiovisual que de arrinque de tempada na implacábel e irreductíbel Conferencia Sul da LNB...Pincha Sempre , Adiante co Varal!! 

terça-feira, setembro 18, 2012

"O FERVEDOIRO" ...PALÁNS E DESBROZADORAS NOS ALBARIÑOS PARA A AUTOXESTION TOTAL DO EXPLOSIVO ABERTO DE CUNTIS!!


















Cando falamos de autoxestión hai que ollar cara Cuntis para entender o concepto na súa abrumadora inmensidade porque os irmáns do Fervedoiro que iste sábado poñen en marcha a segunda edición do xa mítico Aberto de Billarda de Cuntis estiveron ista pasada find. desbrizador e galleta en man acondicionando o espectacular espazo coñecido coma Os Albariños para acoller á brutal avalancha de palanadore e palanadoras dispostos a rachar , máis unha vez, o aramio de espiños que o poder político e a inxuria deportiva tece sobre os deportistas galegos de seu . Toda a info no espectacular web-blog do Fervedoiro dun Aberto que arrinará ás 16:30 h mais que terá espectaculares estalos na mañán e con un xantar de irmandade previo e foliada coa actuación do Cangrexeiros de Taragoña . Info e Inscripción>>  628.524.458  - ofervedoiro@hotmail.com  

















Quen por desgraza non vai poder estar no Aberto de Cuntis é algún palanador da Conferencia Sul secuestrado ista pasada find. en Vigo na ofensiva policial contra o activismo galego , non podemos pois máis que facer nosas as verbas verquidas dende a redacción do Novas da Galiza que entre os detidos ten tamén un dos seus membros...gz-apartheid stop!!

segunda-feira, setembro 17, 2012

CATALUNYA E ANDALUCÍA ....VARADOS DE IRMANDADE CARGADOS CO PODEROSO EFECTO INTERNACIONALISTA!!



































Á acombulsion absoluta que supuxo a manifestación da diada pola independencia de Catalunya súmase o brutal paso á fronte que dan os nosos irmáns do Bélit ó amosando os dentes e o camiño para que clubes de futbol coma o Barça ou Espanyol abandoen urxentemente a competición da LFP para competir nunha auténtica competición nacional plena allea a calquera xugo alleo , o Bélit pois ó contrario que desportos coma o futbol , basket ou hockey si escoita e asume ás dispisicións que o povo dicta polo que dispóñense a por en marcha do 1º Campionato de Bélit da Catalunya Central , unha iniciativa histórica que porá en marcha unha serie de torneos regulares normalizando e dotando dun entramado competitivo nacional que vai disparar o bélit ate cotas fai uns anos nunca imaxinadas , hai que salientar que varios xogadores das principais equipas bélit militaron en franquicias LNB polo que de seguro que a experiencia militando nunha liga xa consolidada coma a nosa será un importante referente para que ista  criaça que nace agora no marco central , medre e englobe moi pronto todo o ambito dos Països Cataláns. Toda a info nise referente vital e mediático chamado TotBélit donde xa te podes inscribir tanto ti coma o teu equipo se ides estar ista tempada acariñand@s pola brisa mediterranea...

1º ABERTO DE IRMANDADE ANDALUZ-GALAICO EN CHICLANA!!



















E como xa viñams anunciando iste pasado find, produciuse o primeiro encontro billardeiro en Cádiz de irmandade entre o povo Andaluz e Galego , impresionante a imaxe na que destacados palanadores e apalanadores da LNB participaron niste Aberto que servíu tamén para apresentar un libro sobre mariñeiros galegos na costa gaditana que moi pronto teremos nas pistas de Billarda.



















E como non podía ser doutro xeito , o humor e o Nom-Natal fixo acto de presenza antes, durante e despois do Aberto , un evidente toque de atención dende o Al-Andalus para que o Apalpador vaia preparando tamén a súa coleccion de traxes de outrono-verán cos que desfilar nas pistas da LNB ...Non imos parar ate xogar , rirnos , desfrutar e compatir en todas partes!!

SESION VERMÚ .... O EXPLOSIVO INICIO DA CONTA ATRÁS NA CONFERENCIA MAE!!

















Unha intensa mañá que arrincaba co cerco policial na conf. sur e que continuaba na Conf. Norleste coa desputa do mítico  Aberto do Vermú-Memorial Calvete co que a Conferencia Mae se sitúa na grella de saída cara un novo inicio da competencia regular. Na pista de xogo de Remourelle, grandes estrelas coma Xosiño da Ekipa Bítere que pese á rotura de clavícula que o terá partado uns Abertos do palán estivo saboreando e compartindo e emoción e o vermú de benvida á tempada


















Carreiras e olladas de esguello entre os participantes no Aberto para ver o estado de forma duns e outros para a arrincadeira do vindeiro sábado en Burela no Aberto do Bonito no que Eric,  o maxistral e implacábel vencedor niste mañanceiro Aberto do Vermú , parte xa coma un dos favoritos non só para facerse con título de Conferencia senón para ser Coroceiro Nacional .



















Rematada a competición espectacular sesión vermú a pé de pista nun ambiente de irmandade e festa no que se reocodou a figura do gran referente Calvete e no que se comentaba as posibilidade do Ciclista-LNB Rubén Sanhez, de cara ó asalto dende o posto 26 ó maiot de lider na Volta á Galiza , posto que ó final non puido mellorar mais que constitúe un gran exitazo tendo en conta a fráxil infraestructura coa que conta fronte os todopoderosos do pelotón amateur galego e estatal que alí se deron cita. Xantar de irmandade na Taberna de Lola na que se xantou o año mouro do interparroquial e se transpasou de Compromiso#LNB á equipa de Reomourelle a Culler de Pau froito dun computo erroneo no campode xogo. A falta de representación de varias equipas da Norleste no xantar de irmandade fai transladar a aprovación definitva do calendario á primeiro xornada no Aberto do Bonito de Burela.


















No serán do domingo Viveiro co Aberto da Robaliza e do Aberto de Chiclana en Cádiz dos que logo haberá novas , sesión de desquite en Remourelle co Abertinho dos Torrezmos no que venceu Daniel de Billardeiros Musicais e as rúas de Ribadeo donde Carlos Meixide un dos responsábeis máximos do Dioivo estivo monolegando e como moi pronto se vai poder ver ó baixaese do escenariño afianzando a aliaza Dioivo-LNB... Calvete Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, setembro 14, 2012

DO VERMÚ DE REMOURELLE Á ROBALIZA DE VIVEIRO E DE CHICLANA A BRETONHA....BILLARDA E CALVETE SEMPRE!!























Non pasa un segundo sen ue a presenza do noso único DEUS BILLARDEIRO nos guíe dentro e fóra da paista mais iste domingo no Aberto de Remourelle o seu brilo será de todo abrasador xa será o marco elexido para o tan desexado I Memorial Calvete . E nos só a todos e cada un dos palanadres e palanadoras da LNB Calvete nos ilumina senón que tamén a luz que guía ó #CiclistaLNB que ista finde desputa a Volta á Galiza . A cita apartires das 12 h na pista de Remourelle con xantar de irmandade posterior na Taberna de Lola. Info e Inscripcion : 605.316896











E no serán no contexto da espectacular xornada de Xogos tradicionais que iste domingo se celebra en Viveiro os irmáns de Xotremu coordinan un explsovo I Aberto da Robaliza , con impresionate exemplares diste peixe do cantábrico para os primeiros clasificados. Iste domingo apartires das 17 . ceiva o anzó no Paseo de Vovas no I Aberto da Robaliza. Info e Inscripción>> 676597050






















E que mellor que soltar un pouco o brazo antes de coller o carro do supermercado ,  enchelo de alimentos básicos e saír pitando a toda ostia sen pasar pola caixa rexistradora ....pois iso poderán facer os que iste domingo en Chiclana Cádiz acudan ó I Aberto de irmandade  Andaluz-Galega que se enmarca nos fachos da presentación do libro que conta a história dos mariñeiros embarcados que tiñan asentamento en Cadiz. Atención porque ise libro que conta con varios palanadores coma protagonistas chegará tamén ás pistas da LNB. Info e Inscripción>> 680.531760 
















E se libros falamos iste sábado en Bretonha , a terra santa billardeira e donde triscan os dentes Ex_Tension Agraia , realizarase a espectacular Romagem Literária da Pega no livro , alí estarán activistas da LNB.. cunha man no palán e noutra un libro en lingua portuguesa!!

FABAS DE LOURENZÁ E COLCHÓN DE LÁ ...OS ASES NA MANGA DO CICLISTA LNB NO SEU NOVO ASALTO Ó MAIOT DE LIDER DA VOLTA Á GALIZA!!



















O ano pasado a LNB utilizou a Volta a Galiza coma o cruce de camiños no que Rubén Sanchez o xefe de filas do Clube Ciclista Vigués , asinou o seu pacto co demo. Un demo billardeiro que non se fixo evidente nosa competición senón que agardou uns meses máis para empurrar a Rubén nas estradas da Estrada coma campión galego en ruta. Mais ista find chega a vinganza , Rubén de novo asalta unha das súas competiciósn favoritas como é a Volta a Galiza disposto a todo , para elo estivo en Santo Adrao , a poderosa parroquia de Lourenzá , arrodeado de auténticas fabas galegas desenrolando un rexo programa de adestramentos que terán o seu desenlace defintivo dende iste venres a domingo.















Etapas Sigüeiro-Sigüeiro , Marín - A Peroxa e O Barco - O Barco son os tres asaltos nos que o Ciclista LNB tentará facer xustiza billardeira conquistando o maiot de lider da xeral , para elo a LNB ademáis do seu apoio incondicional nas estradas tamén preparou un espectacular colchón especial de auténtica lá de ovella galega no que o Ciclista LNB vai descansar confortabelmente nos hoteis da volta á Galiza . Sigue no facebook oficial do Varal coordiando pola division ciclista da LNB " tronzadores de cunetas " o minuto a minuto do Ciclista LNB nista XI Volta ciclista á Galiza

quinta-feira, setembro 13, 2012

AFÍA AS BILLARDAS E PREPARA O FORNO.... PORQUE ISTE DOMINGO EN VIVEIRO DESPÚTASE O "I ABERTO DA ROBALIZA"!!


Coordinado polos irmáns de XOTRAMU de Muimenta no marco da xornada de xogos tradicionais que iste domingo vai celebrarse en Viveiro , as billardas apartires das 17 h. comezarán a bruar no paseo maríritmo de Covas cun pequeno clinic de inicianón para os neo-palanadores e palanadoras para posteriormente iniciar o explosivo I Aberto da Robaliza con exquisitos exemplares recén caputados agardando ó pé da pista para os primeir@s clasificados . Despois do exitazo no Coruel coa posta en marcha do Aberto do Oso Pardo a referencial tribo de Muimenta troca a montaña polo mar para xestionar iste Torneo ó carón das olas do embravecido cantábrico e prepara terreo para acoller en vindeiras datas un explosivo Aberto regular na Conferencia NorLeste que ite domingo ergue os paláns ó ceo en homenaxe ó deus Calvete!!

quarta-feira, setembro 12, 2012

O "I MEMORIAL CALVETE" NO MARCO DO ABERTO DO VERMÚ INCENDIA O PAÍS ENTEIRIO CA SÚA FORZA VITAL E BILLARDEIRA!!


















Todo listo e disposto para o arrinque unha edición máis da competición regular na Conferencia Mae , un novo paso ó fronte que se vai confirmar iste domingo en Remourelle coa aprovación do calendario durante o xantar de Irmandade da Norleste despois da desputa a iso das 12 h do xá mítico Aberto do Vermú que se impregana aínda máis de história ó ser xa sinalado dende iste domingo ate o final dos tempos coma o Troneo co que honrar a memoria do noso REFERENTE ABSOLUTO - CALVETE -  falecido a pasada tempada. Iste domingo ó igual ca todos os días nas pistas da LNB pero con máis forza ca nunca e falándolle á orella a cada palanador e palanadora estará CALVETE en Remourelle para impulsar coa súa brutal forza no arrinque dunha nova gran aventura billardeira na NorlestE que dará comezo o vindeiro 22 de Setembro co Aberto do Bonito de Burela.
















Non existe unha auténtica festa sen o rito máxico da sesión vermú que se realizará a pé de pista no coliseum de Remourelle , alí se medirán as forzas no ultimo ensaio antes da tempada regular e donde as novas fichaxes e novas equipas amosarán as súas credenciais antes de sentarse na mesa presidida polo silla de CALVETE.











Mais non será o único estalo do domingo billardeiro an NorLeste xa que a unha presada de Km. a sepre multicor da LNB dirixida polos irmáns de Xotramu no marco dunha gran xornada de xogos tradicionais que se celebrará en Cobas ( Vivieiro ) realizarán no serán un explosivo Aberto de Billarda da ROBALIZA que atronará a vila con máis forza cas bandas do referencial Resurection Fest. E atención porque un días antes a miles de KM en Chiclana ( Cadiz ) un comando da LNB realizará o primeiro Aberto de Billarda de irmandade entre o pobo Anadaluz e Galego . E vai afiando as billardas porque os irmáns do Fervedoiro de Cuntis preparan o vindeiro sábado 22 de setembro unha nova edición do seu espectacular Aberto de Billarda en Guimarei , sen dúbida un dos mellores cartaces de cantos se teñen realizado na história da LNB para un dos mellores Abertos de cantos se teñen celebrado xamais , entra no seu espazo facebook e refrega os ollos....Ferveoiro Sempre , Adiante co varal!!

terça-feira, setembro 11, 2012

O BÉLIT AMOSA A SÚA OUTRA FACIANA NUNHA DAS DIADAS MÁIS TRANSCENDENTAIS DA HISTÓRIA!!


















O independentismo catalá amosa hoxe nunha das edicións máis potentes e cargadas de simbolismo da Diada  o seu poder de combocatoria e firme paso de todos os sectores da sociedade cara á soberanía total , un calvo multitudinario e en toda regra iste 11-S nas rúas de Barcelona só equiparábel ó que os xogadores de Els Panarres de Les Corts ofreeceron ós seus eternos rivais de Casus Bélit depois da gran victoria narrada maxistralmente no TOTBELIT no seu aínda quente último enfrontemento na cuspide do universo Bélit.

















Feliz Diada pois para tod@s os irmáns da poderosa tribo Bélit , toda unha referencia en tódolos frontes de accion social e deportiva para a LNB ... canas e paláns sempre xuntos cara á construccion dos NOVOS ESTADOS CATALÁ E GALEGO NA EURASIA!!

segunda-feira, setembro 10, 2012

PALANS E VARAIS ERGUEITOS CARA Ó INICIO DA TEMPADA 2012-13 DA MELLOR LIGA REGULAR DE BILLARDA DO MUNDO!!

















TODO PREPARADO , A MAQUINARIA PERFECTAMENTE ENGRAXADA UN ANO MÁIS DEPOIS DOS MILLEIROS DE ESTALOS  PARA ARRINCAR UNHA NOVA EDICIÓN DA MELLOR COMPETICIÓN REGULAR DE BILLARDA DO MUNDO , TOTALMENTE AUTOXESTIONADA E SEN NENGÚN TIPO DE AMPARO INSTITUCIONAL A GRAN SERPE MULTICOR DA LNB PREPÁRASE PARA PERCORRER O PAÍS ENTERIO,  DENDE CORREDOIRAS ATE OS CANELLÓNS DAS CIDADES AS BILLARDAS RACHARÁN MÁIS UNHA VEZ CO ARAMIO DE ESPIÑOS QUE O PODER POLÍTICO E A INXURIA. DEPORTIVA TECE SOBRE OS DEPORTISTAS GALEGOS DE SEU. SEIS CONFERENCIAS NA GRELLA DE SAÍADA DAS CALES A RÍAS BAIXAS E A CENTRO XA TOMARON A ARRINCADEIRA . SUMÉRXETE NOS ESPAZOS WEB E DO FACEBOOK DA TÚA CONFERENCIA PORQUE COMEZA A ACCIÓN EN TÓDOLOS FRONTES E ATENCIÓN PORQUE SE ISTE ANO VAS ESTAR POR COMPOSTELA A CIDADE PROMETE SER UN FERBEDOIRO BILLARDEIRO CON EQUIPA ESTÁBEL NA DAS KAPITAL GALEGA. UN , DOUS ...BILLARDA EN TERRITORIO GALEGO CEIVE SEMPRE!!

sexta-feira, setembro 07, 2012

ESMORGA, BILLARDA , DVDs E LICOR DE TOXO CONTRA A DICTADURA DAS COMISIONS DE FESTAS E A MAFIA DAS ORQUESTRAS!!



















A flor do toxo nace poderosoa en cada un de nós e faise billarda iste sábado ás 18 h. no festival de Noalla Viva , explosivo marco no que se vai desenrolar o agardadísimo I Aberto do Licor de Toxo puntuábel ademáis para o Conf. RíasBaixas e co que poderás  saciar a sede co más salvaxe e puro dos brebaxe indíxenas galaicos. Info e Inscripción >> 649.325103
























Un Aberto que axerce de trampolín para xusto ó rematar a competición arramplar cunha xeira de concertos que te vai por a tremer coma cando xostragas a billarda no ar....iste sábado en Noalla coa Esmorga , Zënzar e a LNB viase armar!!























E donde a van armar vai ser nas Festas do Cristo no Barco de Valdeorras donde porán cerco ás mafia das orquestras e arrincando chantos cunha espactacualr xeira de concertos de rock galego o venres , sábado que se podería chamar o día da República Billarda e incluso o domingo cos Festicultores pondo a guinda ó pastel sonoro galaico. Un exemplo para todas as comisions diste puto país que seguen aceboadas baixo a sordidez da Panorama , Paris de Noia e demáis morralla.



E xunto ás comisións de festas alerta tamén ós programdores de festivais e concertos do país porque Ex_Tension Agraria o grupo surxido nas pistas da LNB está ultimando o seu agaradadísomo Ep e xa preparan impactante un DVD anti-comercial do que xa lanzan o trailer  baseado no explosivo Parcelaria-NOM Tour que racha moldes alí por donde vai . De seguro que na vindeira edición do Noalla Viva e nas Festas do Cristo alí estarán os Ex_Tension Agraia cos paláns , gadañas e coitelos de matar ensanguentados representando ó anti-rock  galego indixenista do século 21 ...Non te esquezas , esixe Billarda e  Ex-Tension Agraia teu festival sempre!!