O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 07, 2012

PALÁNS ERGUEITOS EN CHILE EN ALIANZA CO POBO MAPUCHE PARA BERRAR VIVA LAUTARO...FÓRA MONARQUÍA DAQUÍ E DALÍ!!








Fai un par de anos un palanador da LNB xa conviveu en harmonía e sintonía absoluta co pobo indíxena Bolivián dos Aimara , unha semente a do indixenismo-billardeiro que floreceu cunha intensidade brutal fai uns meses co arrivado nas terras Chilenas de Pinto,  palanador , cociñeiro e activista da Faisca que en alianza cos irmáns Mapuches encabezou ista semana a delegación da LNB-CHILE nas protestas secesionistas e indixenistas contra a presenza do máximo representante do estado español e da súa comitiva de alimañas en chan Chileno. Por seguridade Pinto enviou o espectacular crónico do suceso por un dos Pichóns transcontinentais da LNB para evitar os pinchazos telefónicos e do correo electrónico, por desegraza ó chegar , o Pichón extenuado faleceu e o seu corpo disecado será o premio sorpresa para o gran vencedor anónimo do concurso "U-LO O Palanador da LNB" . Forza Mapuche e República Billarda ...fóra monarquía daquí e dalí!!! >> 



Ano 1546: Lautaro era un neno Mapuche cando comezou a conquista chilena do exército espanhol de Pedro de Valdivia, con tan mala sorte que cando chegaron a súa vila, preto de Concepción, o susodito Pedro de valdivia decidiu secuestralo e mantelo coma un bufón. O neno permaneceu 6 anos cos espanhois, coma era o paje de Valdivia, tiña que acompañalo en todas as súas peripecias militares, foi aí cando Lautaro aprendeu a montar e a dominar ao cabalo, onde aprendeu as tácticas de combate dos espanhois e estes, confiando nel, ensinaronlle o uso das armas e a disposición na batalla dos espanhois.

Despois dunha das batallas máis cruentas - Andalién- e observar como o exército espanhol se adicaba a torturar e mutilar aos seus compatriotas, so por diversión, Lautaro decide fuxir e voltar cos seus.

Ao seu regreso foi nomeado lider dos Mapuche, e os conduciu a moitas victorias fronte aos espanhois, froito do coñecemento táctico e das armas que tiña Lautaro.

A guerrilla revolucionaria Mapuche, atopábase rodeada no mapa chileno, tiña flanco espanhol polo norte, e flanco espanhol polo sur, así que decide encargarse dun deses flancos e despois dunha longa luita, consiguen capturar a Pedro de Valdivia con vida.

Lautaro, despois de ver todo o sufrimento que ese home lle causara ao seu povo, decide colgalo boca abaixo, e arrincarlle a pel en vivo, para posteriormente ir cortando pedazos de carne das pernas e compartila cos seus. Despois, coma na escena do filme de Indiana Jones, arríncalle o corazón do peito, e papao. Esta xente si que era brava, ostia.

















[ foto do cazador de elefantes xunto co presidente Chileno Sebastian Piñera ]


Aló polo mes de Abril, recén eu chegado ao meu novo travalho, saltaban á palestra varias novas. O rei dos espanhois, na peor semana da crise do seu país, marchou de viaxe a Botswana, para ir de cacería, por sorte ou lástima - a lástima foi que non morrera- tivo un accidente que lle ocasionou a rotura da pelvis.

Fíxome moita gracia, porque toda a xente me preguntaba: - Y para qué sirve un rey, cachai weon?, e eu só atinaba a respostarlles "pois non sei".

Este novo "Pedro de Valdivia" anda agora no país que me atopo vivindo, os meus cociñeiros xa me dixeron "Dille ao rei ese, que aquí os únicos elefantes que temos están no zoo" - é curioso o rápido que aprenderon galego os meus cociñeiros-.

 Saúdos á comunidade bilhardeira, aló onde esteades. Longa vida ao povo mapuche. Longa vida á Bilharda. 
( pINTO ) 

1 Comments:

  • At 6:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    O pichón disecado é o de Xan Rodiño, que fai anos que non se move!

     

Postar um comentário

<< Home